escritor israelí From Wikipedia, the free encyclopedia
Amos Oz (en hebreo: עָמוֹס עוֹז) nado en Xerusalén o 4 de maio de 1939[1] e finado en Tel Aviv o 28 de decembro de 2018),[2][3] foi un escritor, novelista e xornalista israelí
(2005) | |
Nome orixinal | (he) עמוס עוז |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (he) Amos Klausner 4 de maio de 1939 Xerusalén (Mandato británico de Palestina) |
Morte | 28 de decembro de 2018 (79 anos) Petah Tikva, Israel (pt) |
Causa da morte | cancro |
Lugar de sepultura | Kibbutz Hulda Cemetery (en) |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | Universidade Hebrea de Xerusalén Gymnasia Rehavia (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura, xornalismo e sistema educativo |
Ocupación | lingüista, profesor universitario, escritor de literatura infantil, poeta, escritor, pedagogo, tradutor, ensaísta, xornalista, novelista, escritor de contos |
Período de actividade | 1960 - |
Empregador | Universidade Ben-Gurion do Negev (pt) |
Partido político | Meretz (pt) |
Membro de | |
Influencias | |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra dos Seis Días Guerra do Yom Kippur |
Familia | |
Fillos | Fania Oz-Salzberger, Galia Oz, Daniel Oz |
Pai | Yehuda Arieh Klausner |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Rexistrado ao nacer co nome Amos Klausner, é considerado como un dos máis importantes escritores contemporáneos en hebreo.[4] Nado no barrio xerosolimitano de Karem Avraham foi fillo único de Fania e Yehuda A. Klausner, que emigraran anos antes dende a actual Ucraína e Lituania, respectivamente, fuxindo da crecente hostilidade antisemita. O seu pai e o resto da súa familia paterna simpatizaban politicamente coa dereita sionista revisionista. Amos Oz estudou nunha escola relixiosa malia a que seus pais non eran xudeus practicantes. Con 12 anos sofre a perda da súa nai, que padecía depresións e acabou suicidándose. Dous anos máis tarde ingresou por vontade propia no kibbutz de Hulda, sendo nesta altura cando adoptou o seu novo apelido: Oz (en hebreo: coraxe).
Casou en 1960 con Nily Zuckerman e foi pai de tres fillos. Ademais estudou literatura na Universidade Hebrea de Xerusalén e exerceu como profesor na escola do seu kibbutz. Reservista logo de facer o servizo militar, foi chamado a filas polas Forzas de Defensa de Israel nas guerras dos Seis Días (1967) e na do Yom Kippur (1973).
A mediados da década de 1980 a familia Oz deixou o kibbutz e instalouse en Arad, no deserto do Negev. Foi profesor de literatura na Universidade Ben-Gurión de Beer Sheba, no Néguev e membro da Academia Europea de Ciencias e Artes. En 2014, instalouse en Tel-Aviv e, en 2018, faleceu sendo soterrado en Hulda.[5]
Os seus escritos exploran os conflitos e as angustias da sociedade israelí contemporánea e, máis concretamente, as tensións e presións que soportan as persoas pola ideoloxía, as fronteiras xeográficas e o pasado histórico brutal.[6]
De acordo coas súas propias lembranzas, a lectura de Sherwood Anderson animouno a escribir durante a súa adolescencia. En Una historia de amor y oscuridad afirma que o autor americano "liberou a miña man". De feito, a súa primeira obra, Tierra de chacales (1965), é unha compilación de relatos curtos inspirados na vida cotiá do kibbutz.
Pola súa traxectoria literaria obtivo o Premio Israel de Literatura (1988), o Premio Goethe de Literatura (2005) polo seu libro autobiográfico Una historia de amor y oscuridad e foi candidato varios anos consecutivos ao Premio Nobel de Literatura. Foi un dos fundadores do movemento pacifista israelí Shalom Ajshav (Paz Agora).[7] As súas reflexións sobre o conflito en Oriente Medio motivaron varias conferencias e os libros Contra el fanatismo e Queridos fanáticos. Neles insiste na vía dos dous Estados como base para a resolución do conflito e creación dunha unión económica entre ambos aberta aos países veciños. Tamén criticou con dureza as intervencións militares de Israel en Líbano en 2006 e as políticas do Primeiro Ministro Benjamin Netanyahu.[8][9] En 2007 recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Letras[10].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.