arquitecto e deseñador finlandés From Wikipedia, the free encyclopedia
Hugo Alvar Henrik Aalto, nado en Kuortane o 3 de febreiro de 1898 e finado en Helsinqui o 11 de maio de 1976[1], foi un arquitecto e deseñador finlandés.
Fillo dun enxeñeiro agrícola. Estudou arquitectura na Universidade Tecnolóxica de Helsinqui (1916-1921). Abriu o seu primeiro estudio en 1923 en Jyväskylä. En 1924 casou coa tamén arquitecta Aino Marsio. A viaxe de vodas a Italia supuxo o encontro coa cultura mediterránea que tanta influencia tería na súa obra. En 1927 trasladouse a Turku onde construíu a sede do xornal que converte no seu manifesto arquitectónico. Posteriormente fixou a súa residencia en Helsinqui.
En 1940 trasladouse ós Estados Unidos, onde foi profesor de arquitectura no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT). No 1950 volveu a Finlandia, despois da morte da súa muller.
Aalto tamén deseñou mobles e cristais. Defensor do funcionalismo e da arquitectura orgánica. Os seus edificios intégranse harmoniosamente na paisaxe, co que forman un todo arquitectónico, a madeira e o ladrillo foron os materiais preferidos. Deseñou 200 proxectos dos que a metade foron realizados.
O Museo finlandés de Arquitectura e a Asociación Finlandesa de Arquitectos (SAFA) estableceu en 1967 o Premio Alvar Aalto na súa honra.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.