grupo de organismos eucariotas fotosintéticos From Wikipedia, the free encyclopedia
As algas[1], olgas[2] ou oucas[3], comprenden varios grupos de seres vivos acuáticos e autotróficos, ou sexa, que producen a enerxía necesaria para o seu metabolismo a través da fotosíntese. A maior parte das especies de algas son unicelulares e, mesmo as máis complexas – algunhas con tecidos diferenciados – non posúen verdadeiras raíces, caules ou follas.
Aínda que foron durante moito tempo consideradas como plantas, só as algas verdes teñen unha relación evolutiva coas plantas "superiores"; os restantes grupos de algas representan liñas independentes de desenvolvemento evolutivo, paralelo ás que levaron ás plantas superiores.
A disciplina da bioloxía que estuda as algas é a ficoloxía ou algoloxía, tradicionalmente unha especialización da botánica.
As "algas azuis" ou cianofíceas – modernamente clasificadas Cyanobacteria como un "reino" dentro do dominio Eubactería ou "verdadeiras" bacterias – foron un dos primeiros seres vivos en apareceren na Terra, co máis antigo fósil datado en 3.800 millóns de anos (Precámbrico) e considérase que tiveron un papel preponderante na formación do osíxeno da atmosfera.
Estes organismos teñen unha estrutura procariótica, sen un verdadeiro núcleo celular e cos pigmentos fotosintéticos dispersos no citoplasma.
Todos os restantes grupos de algas son eucarióticos (cun verdadeiro núcleo celular) e realizan a fotosíntese usando organelos chamados cloroplastos. Os cloroplastos conteñen ADN e teñen unha estrutura semellante ás cianobacterias – pénsase que evolucionaron a partir dunha alga máis "primitiva" que era endosimbionta.
Hai diferentes tipos de cloroplastos, que poden reflectir diferentes eventos endosimbióticos. Existen tres grupos de organismos que teñen cloroplastos "primarios":
Nestes grupos, o cloroplasto está rodeado por dúas membranas que se pensa que se orixinaron na cianobacteria endosimbionte. Os glaucófitos posúen cloroplastos moi primitivos (denominados "cianelos"), moi semellantes aos das cianobacterias e mantendo aínda a capa de peptidoglicano entre as dúas membranas. Os cloroplastos das algas vermellas teñen unha pigmentación máis próxima das cianobacterias actuais. As algas verdes e as plantas "superiores" teñen cloroplastos con clorofilas a e b, esta última atopada nalgunhas cianobacterias, mais non na maioría. Estes feitos indican que probabelmente estes tres grupos de plantas teñen orixe nun antepasado común – unha especie de alga cunha cianobacteria endosimbionte.
Hai outros dous grupos de organismos con clorofila b – as Euglenophyta e as Chlorarachniophyta – mais nestes grupos, os cloroplastos rodéanse, respectivamente, por tres e por catro membranas, que se pensa seren provenientes do propio ensosimbionte. Os cloroplastos dos Chlorarachniophyta conteñen un nucleomorfo reducido, que podería ser un residuo do núcleo do endosimbionte. Hai unha teoría segundo a cal os cloroplastos da Euglena teñen só tres membranas por se ter formado por mizocitose en vez de fagocitose.
Os restantes grupos de algas todos teñen cloroplastos con clorofilas a e c – que non son coñecidas en ningún procarionte, nin nos cloroplastos primarios. Non obstante, algunhas semellanzas xenéticas entre estes grupos e as algas vermellas suxiren que existen relacións evolutivas entre todos. Son os seguinte estes grupos:
Nos primeiros tres destes grupos (tamén coñecidos polo nome Chromista), o cloroplasto posúe catro membranas e, no grupo Cryptomonadina mantén o nucleomorfo. O cloroplasto do dinoflaxelado típico posúe apenas tres membranas, mais este grupo presenta considerábel variabilidade nos cloroplastos. O grupo Apicomplexa, a que pertence o plasmodio da malaria, e que está relacionado cos dinoflaxelados (de acordo co proxecto Árbore Evolutiva, estes seres atópanse agrupados nos Alveolata), non posúe cloroplastos típicos, mais si plastidios.
As "algas verdes" agrúpanse hoxe en día en dúas liñaxes dentro do reino Plantae (ou Viridaeplantae):
Gran parte do material usado nesta sección obtívose do proxecto Tree of Life, especialmente das páxinas con "copyright" de Richard M. McCourt (1996).
A maior parte das algas son seres unicelulares, vivindo libres na auga e movéndose co auxilio de flaxelos ou por movemento ameboide. Algunhas especies non teñen movemento propio e ocorren no ambiente ben na forma cocoide (de coccus, o tipo máis simple de bacteria), ben na forma capsoide, cobertas de mucilaxe. Porén, mesmo as algas unicelulares se agrupan por veces en formas coloniais, móbeis ou non. Algúns destes tipos de organizacións, que poden ocorrer ao longo do ciclo de vida dunha especie, son:
As algas castañas, vermellas e algúns grupos de algas verdes presentan individuos con tecidos totalmente diferenciados en órganos parcialmente equivalentes aos das plantas "superiores". O corpo do individuo chámase talo e en moitos casos presenta un estipe, parecido cun caule, mais sen tecidos vasculares, un órgao de fixación que se pode asemellar a unha raíz, e láminas foliares, parecidas con verdadeiras follas.
As formas máis complexas atópanse na orde Charales, que aparentemente son os parentes máis próximos das plantas superiores.
As algas teñen un importante papel na biosfera– sempre o tiveron, basta recordar que foron as primeiras produtoras de osíxeno no noso planeta. No presente, son as responsábeis pola maior parte da produción nos ecosistemas acuáticos: como produtores primarios, e forman a base da cadea alimentaria deses ecosistemas.
As macroalgas mariñas, ou sexa, as que teñen dimensións maiores que as do fitoplancto, como as algas verdes, vermellas e castañas, poden, por veces colonizar grandes porcións do substrato, fornecendo refuxio, alimento e mesmo substrato secundario a unha gran variedade de organismos, converténdose nun microhábitat específico dentro dun ecosistema maior.
Algunhas algas son excelentes indicadores de determinados problemas ecolóxicos. Por exemplo, cando se ve un tapete de leituga de mar ou de algas azuis nunha zona, iso é normalmente indicador de polución por exceso de efluentes nitroxenados.
Por veces, as algas planctónicas multiplícanse rapidamente – normalmente en condicións de temperatura óptima e de nutrientes abundantes ou nun determinando período da sucesión – formando o que se chama "flor da auga" ou "marea vermella". É un fenómeno natural que desaparece cando cambian as condicións de temperatura ou cando as algas consomen todos os nutrientes da auga. Este fenómeno tamén pode ser froito e unha indicación de polución. A longo prazo poden levar á destrución da biodiversidade dun ecosistema litoral, como os das rías, lagos ou esteiros. Unha vez que as algas que morren son descompostas, redúcese a concentración do osíxeno na auga.
Algunhas especies, como determinados dinoflaxelados, orixinan un tipo de marea vermella onde se producen a liberación de toxinas. Isto é un fenómeno denominado afloramento de algas nocivas. As toxinas liberadas no medio poden provocar a morte dunha gran cantidade de peixes, aves ou doutros animais que se alimentan deles.
Golfo ou canouco: "Laminaria digitata".
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.