Alexander Cunningham
enxeñeiro militar, arqueólogo e numismático inglés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Sir Alexander Cunningham, nado o 23 de xaneiro de 1814 en Westminster, Londres, e finado o 28 de novembro de 1893 na mesma cidade, foi un enxeñeiro militar do exército británico pertencente ao Grupo de Enxeñeiros de Bengala, estudoso da historia, a arqueoloxía e a numismática da India, e fundador do Servizo Arqueolóxico da India.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Retrato de Alexander Cunningham | |
Nome orixinal | (en) Sir Alexander Cunningham |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de xaneiro de 1814 Londres |
Morte | 18 de novembro de 1893 (79 anos) Londres. . |
Datos persoais | |
Residencia | India Británica. |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | East India Company Military Seminary. |
Actividade | |
Campo de traballo | Exército, antigüidades e numismática. |
Ocupación | explorador , enxeñeiro , epigrafista , numismático , historiador da arte , oriental archaeologist (en) , historiador |
Membro de | |
Influencias | James Prinsep. |
Lingua | Lingua inglesa |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Británico |
Rango militar | Xeneral |
Familia | |
Cónxuxe | Alicia Maria Whish (1840). |
Fillos | Allan J. C. Cunningham (pt) |
Pai | Allan Cunningham (pt) |
Irmáns | Peter Cunningham (en) , Joseph Davey Cunningham (en) e Francis Cunningham (en) |
Premios | |
(1886): Medalla da RNS. | |
Pechar
É autor de numerosos traballos monográficos e foi un importante coleccionista. Algunhas das súas coleccións perdéronse, mais a maioría das súas moedas de prata e de ouro, e un notable grupo de esculturas e xoias budistas foron adquiridas polo Museo Británico en 1894.[1][2]
O seu fillo é o matemático Allan Cunningham (1842-1928).