From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos alcionáceos,[1] Alcyonacea, é unha orde de cnidarios antozoos da subclase dos octocoraliarios.[2]
A maioría das súas especies denomínanse comunmente corais brandos, xa que no producen esqueletos de carbonato cálcico, polo que non contribúen á construción dos arrecifes coralinos, aínda que habitan neles.
A orde foi descrita en 1812 polo biólogo francés Jean Vincent Félix Lamouroux,[2] na súa obra "Extrait d'un mémoire sur la classification des Polypiers coralligènes non entièrement pierreux". Nouveau Bulletin des Sciences, publié par la Société Philomatique de Paris 3: 181–188.
Ademais de polo seu nome actualmente válido, a orde coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]
A orde subdivídese nas seguintes subordes:[2]
Os chamados corais brandos presentan, na súa maioría, un aspecto carnoso, teñen nos seus tecidos uns cristais microscópicos de calcita chamados espículas, cuxa función é dar consistencia aos tecidos do animal, en ausencia de esqueleto. A forma e a distribución das espículas son as principais características utilizadas na identificación de xéneros e especies dos octocoraliarios.[3]
Ademais dos corais brandos, esta orde inclúe as gorgonias, que substitúen o esqueleto dos corais duros, da orde das escleractinias, por estruturas semirríxidas compostas de calcita e/ou unha substancia que xeran chamada gorgonina.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.