filme de 1988 dirixido por Katsuhiro Otomo From Wikipedia, the free encyclopedia
Akira (アキラ?) (estilizado no Xapón como AKIRA) é un filme de animación xaponés dirixido por Katsuhiro Otomo que se estreou en 1988. Baséase no manga Akira do propio Katsuhiro Otomo, centrándose na primeira metade da historia. O guión foi escrito por Otomo e Izo Hashimoto, e as voces de dobraxe son as dos actores Mitsuo Iwata, Nozomu Sasaki, Mami Koyama e Taro Ishida.
Akira | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | アキラ - Akira |
Director | Katsuhiro Otomo |
Produtor | Ryōhei Suzuki Shunzō Katō |
Guión | Katsuhiro Otomo Izō Hashimoto |
Baseado en | Akira de Katsuhiro Otomo |
Intérpretes | Mitsuo Iwata Nozomu Sasaki Mami Koyama Tarō Ishida Mizuho Suzuki |
Música | Shoji Yamashiro |
Fotografía | Katsuji Misawa |
Montaxe | Takeshi Seyama |
Estudio | TMS Entertainment |
Distribuidora | Toho |
Estrea | 1988 |
Duración | 125 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación |
Orzamento | 700 000 000 ¥[1] |
Recadación | ¥750 000 000 (só no Xapón) |
Na rede | |
http://www.bandaivisual.co.jp/akira/ | |
O filme representa unha distopía de Toquio no ano 2019, cun estilo ciberpunk. O argumento céntrase no adolescente motorista Tetsuo Shima e os seus poderes psíquicos, e no líder da súa banda de motoristas, Shotaro Kaneda. Kaneda trata de impedirlle a Tetsuo que libere o poder psíquico de Akira. Mentres que o deseño dos personaxes e dos lugares están adaptados a partir do manga épico orixinal, o argumento re-estruturado difire considerablemente da versión manga, prescindindo da parte final.
Fíxose moi popular como filme de culto e está considerado como un gran fito da animación xaponesa.
Ano 2019. Neo Tokyo é unha cidade construída sobre as ruínas da antiga capital xaponesa destruída trala Terceira Guerra Mundial. Xapón é un país ó bordo do colapso, que sofre continuas crises políticas. En segredo, un equipo de científicos reactivou, por orde do exército, un experimento para atopar individuos que poidan controlar a arma definitiva: unha forza denominada "a enerxía absoluta". Pero os habitantes de Neo Tokyo teñen outras cousas das que preocuparse. Un deles é Kaneda, un rapaz líder dunha banda de motoristas. Durante unha pelexa, o seu mellor amigo, Tetsuo, sofre un estraño accidente e é ingresado nunhas instalacións militares. Alí, os científicos descubrirán que é o posuidor da enerxía absoluta. Pero Tetsuo, que non se resigna a converterse nun coello de indias, e axiña se converterá na ameaza máis grande que o mundo coñeceu xamais.
Personaxe | Dobraxe xaponesa (1988) |
---|---|
Shōtarō Kaneda | Mitsuo Iwata |
Tetsuo Shima | Nozomu Sasaki |
Kei (Kay) | Mami Koyama |
Coronel | Tarō Ishida |
Doutor Ōnishi | Mizuho Suzuki |
Ryūsaku (Roy) | Tesshō Genda |
Kiyoko (No. 25) | Sachie Itō |
Takashi (No. 26) | Tatsuhiko Nakamura |
Masaru (No. 27) | Kazuhiro Kandō |
Kaori | Yuriko Fuchizaki |
Yamagata (Yama) | Masaaki Ōkura |
Kai | Takeshi Kusao |
Nezu | Hiroshi Ōtake |
Miyako | Kōichi Kitamura |
Inspector | Michihiro Ikemizu |
Eiichi Watanabe | Tarō Arakawa |
Mitsuru Kuwata | Yukimasa Kishino |
Yūji Takeyama | Masato Hirano |
Army | Kazumi Tanaka |
Harukiya Bartender | Yōsuke Akimoto |
Akira: Original Soundtrack | |
---|---|
Banda sonora de Geinō Yamashirogumi (芸能山城組) | |
1990 | |
Data de gravación | 1988 |
Duración | 69:36 |
Xénero | Banda sonora, gamelán e noh |
Selo discográfico | Victor Music Industries, Demon Records/JVC Records |
Producido por | Shoji Yamashiro |
AKIRA: Original Soundtrack foi gravada por Geinō Yamashirogumi (芸能山城組). A música foi composta e dirixida por Shoji Yamashiro (alcume de Tsutomu Ōhashi). Contén música que foi gravada outra vez para a estrea. Os temas "Kaneda", "Battle Against Clown" e "Exodus From the Underground Fortress" son en realidade parte dun mesmo ciclo, xa que elementos de "Battle Against Clown" poden escoitarse durante a primeira secuencia do filme. A banda sonora está ordenada na mesma orde que aparece no filme.
Unha segunda banda sonora foi estreada coa música orixinal sen a regravación, e incluía un estudo de personaxes e diálogos.
Suite Sinfónica AKIRA LP
Suite Sinfónica de AKIRA & AKIRA: Original Soundtrack CD
Lista de reprodución de AKIRA: The Original Japanese Soundtrack
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.