![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7b/Italian_Helicopter_HH139%252C_Trident_Juncture_15_%2528cropped%2529.jpg/640px-Italian_Helicopter_HH139%252C_Trident_Juncture_15_%2528cropped%2529.jpg&w=640&q=50)
AgustaWestland AW139
From Wikipedia, the free encyclopedia
O AgustaWestland AW139 é un helicóptero mediano de 15 asentos e dous motores desenvolvido e fabricado principalmente por AgustaWestland. Está comercializado para diferentes roles, como transporte VIP/corporativo, transporte para plataformas petrolíferas, loita contra incendios, policía, busca e rescate, servizos médicos, socorro en casos de desastres e patrulla marítima. Ademais das propias fábricas de AgustaWestland en Italia e os Estados Unidos, o AW139 é producido en Rusia por HeliVert, unha empresa conxunta entre AgustaWestland e Russian Helicopters.[2]
AgustaWestland AW139 | |
---|---|
![]() HH-139 da Forza Aérea de Italia | |
Fabricante | AgustaWestland |
Primeiro voo | 3 de febreiro de 2001 |
Introducido | 2003 |
Produción | 2001-presente |
Unidades construídas | unhas 900[1] |
Orixinalmente o AW139 foi deseñado e desenvolvido conxuntamente entre Agusta e Bell Helicopter e comercializado como o Agusta-Bell AB139, recibindo o nome AW139 cando Bell retirouse do proxecto. Dende a súa entrada en servizo en 2003, o AW139 converteuse nun dos produtos máis influentes de AgustaWestland; posteriormente desenvolvéronse dúas versións alongadas, o militar AW149 e o civil AW189.