Agusta
From Wikipedia, the free encyclopedia
Agusta foi un fabricante de helicópteros italiano. Estaba baseada en Samarate, na provincia de Varese. A compañía fundouna o conde Giovanni Agusta en 1923, que voara o seu primeiro avión en 1907. O fabricante de motocicletas MV Agusta naceu como filial da compañía de aviación ao final da segunda guerra mundial como xeito de salvar os traballos dos empregados de Agusta.
Datos rápidos Tipo, Fundación ...
Agusta | |
---|---|
Tipo | privada |
Fundación | 1923 |
Localización | Samarate ![]() |
Fundador | Giovanni Agusta |
Na rede | |
https://www.leonardo.com/it/home | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
En xullo de 2000 Agusta fusionouse con Westland Helicopters para formar AgustaWestland S.p.A., unha compañía multinacional de deseño e fabricación de helicópteros pertencente na súa totalidade a Finmeccanica.[1]