![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/90/Age_of_Empires_2_Logo.svg/langgl-640px-Age_of_Empires_2_Logo.svg.png&w=640&q=50)
Age of Empires II: The Age of Kings
From Wikipedia, the free encyclopedia
Age of Empires II: The Age of Kings (usualmente abreviado AOE2 ou AOK) é un videoxogo de estratexia en tempo real para computadores persoais desenvolvido por Ensemble Studios e máis tarde por Skybox Labs (o seu remasterizador), e distribuído por Microsoft Games para os sistemas operativos Windows e Mac OS, e Konami para PlayStation 2.[2][3] Foi lanzado a mediados de 1999 e é o segundo título que compón a serie Age of Empires.[4]
![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e mellóreo de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde decembro de 2017) |
![]() | Este artigo ou sección describe un tema de ficción principalmente desde unha perspectiva ficticia. Por favor, revise o contido e reescriba o mesmo para explicar a ficción con claridade, desde a perspectiva do mundo real. |
Age of Empires II | |
---|---|
![]() | |
Desenvolvedor(es) | Ensemble Studios |
Distribuidora(s) | Microsoft (Win, Mac) Konami (PS2) |
Deseñador(es) | Bruce Shelley[1] |
Artista(s) | Brad Crow Scott Winsett |
Compositor(es) | Stephen Rippy |
Motor | Genie Engine |
Lanzamento | 1999 |
Xénero | Estratexia en tempo real |
Modos de xogo | Un xogador e multixogador |
Clasificación | USK ![]() |
Plataforma(s) | Microsoft Windows, Mac OS, PlayStation 2 |
Serie | Age of Empires |
Na rede | |
Páxina oficial | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
- Para a serie de videoxogos, vexa Age of Empires.
O xogo está ambientado na Idade Media, xusto trala caída do Imperio romano e a toma de Roma polos Visigodos. O xogador pode optar entre 13 civilizacións que existiron naquel período histórico, e debe encamiñalas para formar un vasto imperio e vencer aos seus inimigos. O xogo ofrece a posibilidade de xogar contra o ordenador ou contra outras persoas en liña, cun máximo de 8 xogadores por partida.[5]
Age of Empires II foi desenvolvido pola subsidiaria de Microsoft Ensemble Studios baixo a dirección de Bruce Shelley, deseñador de Age of Empires e colaborador no deseño do xogo de estratexia Civilization. O seu motor gráfico é coñecido como Genie Engine, o cal é utilizado tamén no título Star Wars: Galactic Battlegrounds.[6]
Tralo seu éxito comercial, tivo unha secuela directa de expansión coñecida como Age of Empires II: The Conquerors, onde se engaden melloras ao xogo, incluíndo 5 civilizacións máis, 4 novas campañas, novos mapas e un aumento de poboación.[7] Unha segunda secuela directa de expansión coñecida como Age of Empires II: The Forgotten foi lanzada o 7 de novembro de 2013 a cal agregan melloras ao xogo, incluíndo 5 civilizacións máis, 7 novas campañas, novos mapas e un novo aumento de poboación. O 9 de abril do 2013 lanzouse unha remasterización do xogo que chamada Age of Empires II: HD Edition. Tivo tamén unha variedade de versións «alternas», que apareceron nas consolas Nintendo DS e PlayStation 2, así como adaptacións nalgúns teléfonos celulares. O 5 de novembro do 2015 lanzouse unha terceira expansión denominada Age of Empires II: The African Kingdoms, na que o xogo expándese ao continente africano, agregando catro novas civilizacións, novas campañas, unidades, tecnoloxías etc.[8] O 19 de decembro do 2016 lanzouse unha cuarta nova expansión ambientada no Sueste Asiático, titulada Age of Empires II: Rise of the Rajas, que introduciu catro novas civilizacións, campañas, mapas, unidades, melloras na IA etc.