![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/23/Gaugamela_1600x1200.jpg/640px-Gaugamela_1600x1200.jpg&w=640&q=50)
Videoxogo de estratexia en tempo real
subxénero de videoxogos de estratexia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os videoxogos de estratexia en tempo real ou RTS (siglas en inglés de real-time strategy) son videoxogos de estratexia nos que non hai quendas[1] senón que o tempo transcorre de forma continua para os xogadores.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/23/Gaugamela_1600x1200.jpg/640px-Gaugamela_1600x1200.jpg)
Os videoxogos en tempo real son un dos subxéneros dos xogos de estratexia máis dinámicos que hai. Ademais, por regra xeral están máis traballados no apartado gráfico, xa que ó ter terreos de xogo máis pequenos que outros subxéneros, pódense representar máis texturas sen alterar tanto o rendemento.
Os RTS están pensados para ser xogados de forma moi dinámica e rápida. A diferenza dos baseados en quendas non precisan unha formulación tan pausada das decisións e céntranse moi a miúdo na acción militar. A recolección de recursos adoita ser sinxela, só hai materias primas. As batallas represéntanse a unha escala de refrega, aínda que hai varios xogos que se centran en representar batallas multitudinarias con milleiros de unidades no terreo, como sucede nas batallas da saga Total War.
O multixogador é o máis estendido e popular dos demais subxéneros, pois pódense facer partidas rápidas e dinámicas que non chegan á hora de xogo.