![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9f/Nintendo_DS_%2528aberta%2529.jpg/640px-Nintendo_DS_%2528aberta%2529.jpg&w=640&q=50)
Nintendo DS
videoconsola portátil de Nintendo dende 2004 até 2011 / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Nintendo DS (en xaponés: ニンテンドーDS, Nintendō Dī Esu) é unha videoconsola portátil que foi fabricada pola compañía xaponesa Nintendo dende 2004 até 2013.
![]() |
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/af/Nintendo_DS_Logo.svg/255px-Nintendo_DS_Logo.svg.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9f/Nintendo_DS_%28aberta%29.jpg/640px-Nintendo_DS_%28aberta%29.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5d/Nintendo_DS_%28pechada%29.jpg/640px-Nintendo_DS_%28pechada%29.jpg)
O nome da consola pode ser a abreviatura de Dual Screen, «pantalla dual» ou, segundo Satoru Iwata, presidente de Nintendo, a abreviatura de Developer's System, «a consola dos desenvolvedores». O nome desta consola abréviase como "NDS" ou simplemente como "DS".
A DS permite a reprodución de videoxogos e multimedia, e pertence á sétima xeración de videoconsolas. Foi a terceira consola para videoxogos na que o xogador pode interactuar co xogo mediante o uso da pantalla táctil. Segundo Nintendo, é unha terceira liña de produtos e non se trata da sucesora tecnolóxica da Game Boy Advance.[Cómpre referencia]
Esta consola naceu da filosofía de Nintendo baseada na innovación ou, como a propia compañía o chama, "expansión". Lonxe de centrarse nunha simple evolución gráfica, en ofrecer unha vez máis o mesmo de sempre pero con mellor calidade visual, optaron por engadir características que fixesen da súa nova portátil algo totalmente novo e único, que expandise a experiencia xogable e que permitise que o xogador deixase de xogar só cos sentidos, a vista e o oído, e que puidese interactuar e sentir os xogos.
A Nintendo DS ademais do seu propio catálogo de xogos é compatible cos xogos de Game Boy Advance, pero non cos de Game Boy e Game Boy Color. As dúas pantallas da Nintendo DS reproducen xogos da DS namentres que só a inferior reproduce xogos da Game Boy Advance.
A Nintendo DS Lite constitúe a segunda versión do modelo. A terceira versión é a Nintendo DSi e desta DSi saíu ó mercado unha cuarta e última versión, a Nintendo DSi XL.