Aeroporto de Tromsø, Langnes
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto de Tromsø, Langnes (IATA: TOS, OACI: ENTC) é un aeroporto situado na localidade de Langnes en Tromsø, Noruega. Atópase na ribeira oeste da illa de Tromsøya, a uns 4 quilómetros ao noroeste do centro da cidade. O aeroporto é propiedade e está operado pola compañía estatal Avinor. No ano 2017 foi usado por un total de 2 271 748 pasaxeiros, sendo o quinto aeroporto máis concorrido do país.[1]
Aeroporto de Tromsø, Langnes Tromsø lufthavn, Langnes | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario/Operador | Avinor | ||
Cidade/Illa | Tromsø | ||
Localización | Langnes | ||
Elevación (msnm) | 10 metros / 32 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | avinor.no | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
01/19 | 2 447 | 8 028 | asfalto |
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 2 271 748[1] | ||
O aeroporto inaugurouse o día 14 de setembro de 1964, substituíndo ao aeroporto de Tromsø, Skattøra. Tromsø é un dos principais centros de conexións para os voos da aeroliña rexional Widerøe cara Finnmark. Dende a súa apertura Scandinavian Airlines (SAS) realizou os principais voos cara a outros aeroportos primarios. Braathens SAFE e a súa subsidiaria Busy Bee operaron dende Tromsø de 1967 ata 2002. Norwegian Air Shuttle leva voando dende o aeroporto dende o ano 1992 e Lufttransport ten a súa principal base de operacións en Tromsø. A actual Terminal B foi construída en 1977. A Terminal A inaugurouse en 1997, despois de que se ampliase a pista 240 metros e se construise unha nove torre de control.