Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto de Luleå (IATA: LLA, ICAO: ESPA) é un aeroporto sueco situado a 7 km ao sueste da cidade de Luleå, preto da vila de Kallax. No ano 2016 tivo un total de 1 197 014 pasaxeiros,[1] sendo o quinto aeroporto máis concorrido de Suecia. É o aeroporto máis grande do norte do país e a súa pista tamén é usada pola base da forza aérea F 21 Luleå.
O aeroporto comezou como o aeródromo militar F 21 Luleå en 1941 e posteriormente abriu ao tráfico civil cara Estocolmo o 11 de setembro de 1944.[2] As operacións invernais comezaron no ano 1948 cando se construíu un hangar e as luces da pista estiveron operativas. Os voos chárter internacionais iniciáronse en 1969. A terminal actual inaugurouse en 1984. Dende os anos 80 o número de pasaxeiros reducíse substancialmente en todo o país, pero no ano 1991 acadouse a cifra dun millóns de pasaxeiros en Luleå, número que volvería a repetirse en 2011. No ano 1999 ampliouse a pista de aterraxe do aeroporto ata acadar os 3 350 metros para voos de carga, pero este feito non significou un incremento no tráfico. No ano 2016 polas instalacións do aeroporto pasaron un total de 1 197 014 pasaxeiros.[3]
Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Aegean Airlines | Chárter estacional: Chania, Rodas |
Corendon Airlines | Chárter estacional: Antalya |
Freebird Airlines | Chárter estacional: Antalya |
Jet Time | Chárter estacional: Gran Canaria, Tenerife-Sur |
Jonair | Pajala |
Nextjet | Gotemburgo, Oulu, Sundsvall, Tromsø |
Norwegian Air Shuttle | Estocolmo-Arlanda |
Onur Air | Chárter estacional: Bodrum |
Scandinavian Airlines | Estocolmo-Arlanda, Gotemburgo[4] Chárter estacional: Antalya, Fuerteventura, Lárnaca, Palma de Mallorca, Rodas, Samos |
Scandjet operado por Adria Airways | Chárter estacional: Split |
Scandjet operado por Enter Air | Chárter estacional: Zadar |
SunExpress | Chárter estacional: Antalya, Esmirna |
Thomas Cook Airlines Scandinavia | Chárter estacional: Gran Canaria, Rodas |
TUIfly Nordic | Chárter estacional: Puerto Plata, Cancún |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.