Remove ads
aeroporto en Creta From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto internacional de Chania, "Daskalogiannis" (IATA: CHQ, ICAO: LGSA) é un aeroporto internacional situado na illa de Creta en Grecia. Serve á cidade de Chania, que se atopa a 14 km das súas instalacións, e ademais é unha porta de entrada ao oeste de Creta para un crecente número de turistas. O aeroporto foi bautizado co nome Daskalogiannis, na honra dun rebelde cretense dó século XVIII contra o goberno otomán. É o quinto aeroporto máis concorrido de Grecia en termos de tráfico de pasaxeiros. Dende o ano 2010 ata o 2016 tivo un grande incremento no número de pasaxeiros, de ao redor do 100%. O aeroporto está conectado cuns 30 países de Europa e Asia, especialmente durante a estación do verán, e ten voos cara Grecia e Chipre durante todo o ano. No ano 2016 pasaron polo aeroporto de Chania un total de 3 010 509 pasaxeiros.[1]
Aeroporto de Chania Κρατικός Αερολιμένας Χανίων, "Δασκαλογιάννης" | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público/militar | ||
Operador | Fraport AG/Copelouzos Group | ||
Cidade/Illa | Chania | ||
Elevación (msnm) | 149 metros / 490 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
11/29 | 3 347 | 10 982 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 3 010 509 | ||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.