Aeroporto de Perth
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto de Perth (IATA: PER, OACI: YPPH) é un aeroporto que serve a Perth, a capital e cidade máis grande do estado de Australia Occidental. Está situado nun suburbio do mesmo nome dentro dos límites da Cidade de Swan.[2]
Aeroporto de Perth Perth Airport | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Operador | Perth Airport Pty. Ltd. | ||
Cidade/Illa | Perth | ||
Elevación (msnm) | 20 metros / 67 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | http://www.perthairport.com.au/ | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
03/21 | 3 444 | 11 299 | asfalto |
06/24 | 2 163 | 7 096 | asfalto |
Estatísticas (2016 - 2017) | |||
Pasaxeiros | 13 621 771[1] | ||
Dende o ano 1997 vén sendo operado por Perth Airport Pty Limited, unha compañía privada, baixo unha concesión de 99 anos por parte do goberno australiano. Perth está considerado o aeroporto máis versátil de Australia.[3]
É o cuarto aeroporto máis concorrido de Australia[4] e opera voos cara a destinos en Australasia e o océano Índico, ademais de Xohanesburgo, Doha, Dubai, Abu Zabi, Cantón e Hong Kong.
O número de pasaxeiros medrou fortemente nos primeiros 12 anos do século XXI, principalmente debido ao auxe da minería no estado e a un incremento do tráfico de aeroliñas de baixo custo internacionais. Dende o ano 2012, co fin do auxe da minería, o número de pasaxeiros domésticos descendeu. O aumento nas cifras mantívose nestes anos grazas aos servizos internacionais.