![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d8/Flag_of_Abu_Dhabi.svg/langgl-640px-Flag_of_Abu_Dhabi.svg.png&w=640&q=50)
Abu Zabi
cidade e capital dos Emiratos Árabes Unidos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Abu Zabi[1][2][3][4] ou Abu Dhabi[5] (en árabe: ابوظبي, Abū Ẓabī) é unha cidade dos Emiratos Árabes Unidos, capital do país e do Emirato de Abu Zabi, o máis grande dos sete emiratos membros dos EAU. Fundada en 1760 é a capital do emirato dende 1793.
ابوظبي (ar) ![]() | ||||
Nomeado en referencia a | pai e gazela (pt) ![]() ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Emiratos Árabes Unidos | |||
Emirato | Emirato de Abu Zabi ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 1.483.000 (2020) ![]() | |||
Lingua oficial | árabe ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 972 km² ![]() | |||
Bañado por | Golfo Pérsico ![]() | |||
Altitude | 14 m ![]() | |||
Organización política | ||||
• Xefe do goberno | Maomé bin Zayed Al Nahyan (pt) ![]() ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 00971 ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | dmt.gov.ae… ![]() | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
En 2014 tiña 1,5 millóns de habitantes,[6] sendo a segunda cidade do país tras Dubai. Construída sobre unha illa en forma de T, no sueste do Golfo Pérsico, comunícase con terra por unha ponte. Máis do 80% da poboación son forasteiros que residen temporalmente.
Ata 1960 era unha cidade sen luz eléctrica nin outros servizos esenciais, pero o descubrimento de petróleo no emirato mudou rapidamente as circunstancias e Abu Zabi converteuse nunha metrópole moderna. Actualmente Abu Zabi é unha cidade moderna de grandes rañaceos e dispón dun aeroporto internacional a 25 km ó sueste. É considerada a cidade máis rica do mundo, cunha renda per cápita de 30 000 dólares.
Abu Zabi alberga oficinas do goberno federal, é a sede do goberno dos Emiratos Árabes Unidos, a residencia da familia do Emir de Abu Zabi e do Presidente dos Emiratos Árabes Unidos, que naceu nesta familia. O rápido desenvolvemento e urbanización de Abu Zabi, xunto cos relativamente altos ingresos medios da poboación, transformaron a cidade nunha gran e avanzada metrópole. Hoxe a cidade é o centro político do país e das actividades industriais, e un dos principais centros culturais e comerciais, debido á súa posición como a capital, Abu Zabi representa ao redor de dúas terceiras partes dos preto de 400 $ mil millóns da economía dos Emiratos Árabes Unidos.[7]