Perth
From Wikipedia, the free encyclopedia
Perth é unha cidade do oeste de Australia, capital do estado de Australia Occidental. Ten 2 021 200 habitantes (censo do 2014), o que a converte na cuarta cidade máis populosa de Australia e a maior do estado, xa que nela residen case tres cuartos da poboación total do mesmo.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
Perth (en) Boorloo (nys) | |||||
Nomeado en referencia a | Perth | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Australia | ||||
Estado da Austrália (pt) | Australia Occidental | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.141.834 (2021) (333,72 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 6.418 km² | ||||
Bañado por | Rio Swan (pt) e Océano Índico | ||||
Altitude | 2 m | ||||
Creación | 1829 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0852, 0853, 0854, 08610, 08611, 08612, 08614, 08615, 08616, 08618, 08621, 08622, 08623, 08624, 08625, 08626, 08627, 08628, 08631, 08632, 08633, 08635, 08636, 08637, 08638, 08640, 08642, 08643, 08644, 08645, 08646, 08647, 08648, 08650, 08654, 08655, 08920, 08921, 08922, 08923, 08924, 08925, 08926, 08927, 08928, 08931, 08932, 08933, 08934, 08935, 08936, 08937, 08938, 08941, 08942, 08943, 08944, 08945, 08946, 08947 e 08948 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | perth.wa.gov.au | ||||
Atópase no estuario do río Swan. A súa denominación procede da cidade escocesa de Perth. A área metropolitana atópase entre o océano Índico e unha baixa costeira coñecida como a escarpadura Darling Range e abarca a máis de 30 localidades como Fremantle, Bayswater, Canning, Stirling, Gosnells, Nedlands, Peppermint Grove, Claremont, Vitoria Park e Armadale.
A cidade máis próxima a Perth cunha poboación de máis dun millón de persoas é Adelaida, que está a 2.104 quilómetros de distancia, isto fai de Perth a cidade de máis un millón de habitantes máis illada do mundo.
É un activo porto, destinado especialmente á exportación do ouro, níquel, ferro e aluminio producidos en Australia Occidental.