From Wikipedia, the free encyclopedia
Un adxuvante[1] (do latín adiuvare, axudar) é un axente farmacolóxico ou inmunolóxico que acompaña o efecto doutros axentes. En inmunoloxía, os adxuvantes inmunolóxicos son compostos químicos orgánicos ou inorgánicos, macromoléculas ou células enteiras de certas bacterias mortas, que potencian a resposta inmunitaria a un antíxeno. Poden incluírse entre os compoñentes dunha vacina para potenciar a resposta inmunitaria do receptor ao antíxeno subministrado, o que minimiza a cantidade de material estraño que debe ser inxectado.[2][3] Os adxuvantes utilízanse tamén na produción de anticorpos en animais inmunizados. Os adxuvantes máis comunmente utilizados son o hidróxido de aluminio e o aceite de parafina.[2][3] Por outra parte, en farmacoloxía, os adxuvantes farmacéuticos son fármacos que teñen poucos ou ningún efecto farmacolóxico por si mesmos, pero poden incrementar a eficacia ou potenciar a outros fármacos administrados ao mesmo tempo.
Os adxuvantes inmunolóxicos engádense ás vacinas para estimular a resposta do sistema inmunitario ao antíxeno diana, pero por si mesmos non confiren inmunidade. Os adxuvantes poden actuar de varios xeitos á hora de presentar o antíxeno ao sistema inmunitario. Os adxuvantes poden actuar como un depósito do antíxeno, presentándoo durante un longo período de tempo, o que maximiza a resposta inmunitaria antes de que o corpo elimine o antíxeno. Exemplos de adxuvantes de tipo depósito son as emulsións de aceites. Os adxuvantes poden tamén actuar como irritantes que causan que o corpo recrute e amplifique a súa resposta inmune.[4] As vacinas do tétano, difteria, e pertussis, por exemplo, conteñen cantidades mínimas de toxinas producida por cada unha das bacterias diana implicadas, pero tamén conteñen algo de hidróxido de aluminio como adxuvante.[5] Os sales de aluminio son adxuvantes comúns en moitas vacinas desde hai uns 70 anos.[6] O sistema inmunitario do corpo desenvolve unha antitoxina contra as toxinas bacterianas, non contra o aluminio, pero non respondería con forza dabondo sen a axuda do adxuvante aluminio.
Os adxuvantes necesítanse para mellorar as respostas inmunitarias adaptativas aos antíxenos. Esta reacción está mediada por dous tipos principais de linfocitos, as células B e T. Algúns adxuvantes, como o alume, funcionan como sistemas de entrega do produto que crean depósitos que atrapan os antíxenos no sitio de inxección, o que fai que estes se liberen lentamente e realicen unha estimulación continua do sistema inmunitario.[7] Os compostos de alumino son os adxuvantes máis comúns na vacinación humana. Utilízanse en vacinas como as da difteria, tétano, pertussis, papilomavirus humano, e da hepatite.[8]
Os adxuvantes poden potenciar a resposta inmunitaria dos seguintes modos:
Aínda que os adxuvantes inmunolóxicos víronse tradicionalmente como susbstancias que axudan á resposta inmunitaria ao antíxeno, os adxuvantes tamén evolucionaron como substancias que poden axudar na estabilización de formulacións de antíxenos, especialmente en vacinas administradas a animais.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.