From Wikipedia, the free encyclopedia
Adrian Czajkowski , nado en Woodhall Spa, Lincolnshire, o 14 de xuño de 1972 - que asina os seus libros coa ortografía Adrian Tchaikovsky - é un escritor británico de fantasía e ciencia ficción. É coñecido pola súa serie de fantasía Shadows of the Apt e pola súa novela de ciencia ficción Heirs of Time, que gañou o premio Arthur C. Clarke en 2016 á mellor novela de ciencia ficción publicada no Reino Unido.[1]
(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xuño de 1972 (52 anos) Woodhall Spa (Reino Unido) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Universidade de Reading |
Actividade | |
Ocupación | legal executive (en) (–2019), escritor de ciencia ficción , escritor |
Período de actividade | 2008 - |
Lingua | Lingua inglesa |
Premios
| |
Páxina web | adriantchaikovsky.com |
Estudou zooloxía e psicoloxía na Universidade de Reading, e posteriormente licenciouse en Dereito. Até 2019 traballou como asesor xurídico no Departamento de Disputas comerciais de Leeds. Vive en Leeds coa súa muller e o seu fillo.
O 23 de xaneiro de 2019, Tchaikovsky recibiu un doutoramento honoris causa en artes pola Universidade de Lincoln.
Despois de quince anos de intentos infrutuosos, conseguiu publicar a súa primeira novela Empire in Black and Gold en 2008.
Decidiu publicar co apelido transcrito como Tchaikovsky, xa que a ortografía do seu nome —de orixe polaca— podería ter causado dificultades aos lectores en lingua inglesa, mentres que Tchaikovsky xa era a transcrición habitual e coñecida en inglés do apelido ruso de fonética similar Chaikovskii (como o de Petr Ilich Chaikovskii, en ruso: Пётр Ильич Чайковский, tamén romanizado Čajkovskij). Posteriormente publicáronse co mesmo nome as edicións norteamericana e alemá do libro, así como as súas secuelas. Tchaikovsky expresou o seu desexo de que as edicións polacas das súas novelas fosen impresas co seu apelido orixinal, pero estas tamén usaron "Tchaikovsky".
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.