From Wikipedia, the free encyclopedia
As actinobacterias (Actinobacteria, sinónimo Actinomycetota) son un amplo grupo de bacterias grampositivas que presentan unha alta proporción GC (guanina-citosina) nos seus xenomas, e que son consideradas un filo.[1] Poden vivir en ambientes terrestres e acuáticos.[2] É un dos filos principais de bacterias.[3] No estudo do grupo poden utilizarse análises da secuencia do seu encima glutamina sintetase.[4]
Actinobacterias | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Micrografía electrónica de varrido de Actinomyces israelii. | |||||||
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Subclases e Ordes | |||||||
|
A maioría das Actinobacteria de importancia médica ou económica pertencen á subclase Actinobacteridae, orde Actinomycetales. Algunhas causan enfermidades nos humanos, como a difteria, ou a tuberculose. Outras son fonte de antibióticos, como Streptomyces. Outras aprovéitanse para a produción de substancias químicas ou na produción de certos queixos (Propionibacterium). Moitas son de vida libre.
Entre as Actinobacteria están algunhas das bacterias máis comúns no solo, auga doce, e vida mariña. Xogan un importante papel na descomposición de materiais orgánicos, como a celulosa e quitina, e na reciclaxe da materia orgánica e ciclo do carbono. Repoñen os nutrientes que perde o solo e son importantes na formación do humus. Outras Actinobacteria viven en plantas e animais, e algunhas son patóxenas, como Mycobacterium, Corynebacterium, Nocardia, Rhodococcus e algúns Streptomyces.
As Actinobacteria son coñecidas como produtores de metabolitos secundarios de grande interese farmacolóxico e comercial, como aminoácidos, vitaminas, saborizantes, derivados lácticos ou antibióticos. En 1940 Selman Waksman descubriu que as bacterias do solo que estaba estudando producían actinomicina, un descubrimento polo cal recibiu o premio Nobel. Desde entón, descubríronse centos de antibióticos naturais producidos por estes microorganismos terrestres, especialmente os do xénero Streptomyces.
Algunhas Actinobacteria forman filamentos ramificados, que pola súa forma lembran aos micelios dos fungos (cos cales estas bacterias non están emparentados), e por esa razón foron inicialmente clasificadas co vello nome de Actinomycetes. A maioría das Actinobacteria son aerobias, pero algunhas, como Actinomyces israelii, poden crecer en condicións anaeobias. A diferenza dos Firmicutes, que son o outro gran grupo de bacterias grampositivas, as Actinobacteria teñen un ADN con alto contido GC. Algunhas especies producen esporas externas.
Algúns tipos de Actinobacteria son responsables do peculiar cheiro que emana do chan despois da chuvia, principalmente nos climas cálidos. A substancia química que produce este cheiro denomínase xeosmina (terpenoide).[5]
O cladograma representa a taxonomía aceptada actualmente das Actinobacteria, baseada na LPSN ( List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [6] e no NCBI (National Center for Biotechnology Information) [7] e a filoxenia está baseada nas secuencias do ARNr 16S do LTP 106 do proxecto The All-Species Living Tree.[8]
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas:
♪ Procariotas dos que non hai cultivos puros (axénicos) illados ou dispoñibles, porque non poden ser cultivados ou duran pouco.
♠ Cepas atopadas no NCBI (National Center for Biotechnology Information) pero non na LPSN.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.