Acordos de Paz de París de 1991
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Acordos de Paz de París (en khmer: សន្ធិសញ្ញាសន្តិភាពទីក្រុងប៉ារីស ឆ្នាំ១៩៩១; en francés: Accords de paix de Paris), foron asinados o 23 de outubro de 1991 e marcaron o fin oficial da guerra camboxano-vietnamita e a terceira guerra de Indochina. O acordo levou ao despregamento da primeira misión de mantemento da paz da ONU (a Autoridade Provisional das Nacións Unidas en Camboxa) dende a guerra fría e a primeira ocasión na que as Nacións Unidas asumiron o relevo como goberno dun estado. O acordo foi asinado por dezanove países.[1]
![]() |
Este artigo amosa escritos khmer. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Os Acordos de Paz de París foron os seguintes convenios e tratados:
- Acto final da Conferencia de París sobre Camboxa.
- Acordo sobre a solución política do conflito de Camboxa.
- Acordo relativo á soberanía, integridade territorial e inviolabilidade, neutralidade e unidade nacional de Camboxa.
- Declaración sobre a Rehabilitación e Reconstrución de Camboxa.[2]