Guerra camboxano-vietnamita
From Wikipedia, the free encyclopedia
A guerra camboxano-vietnamita (en khmer: សង្គ្រាមកម្ពុជា-វៀតណាម; Sângkréam Kâmpŭchéa-Viĕtnam; en vietnamita: Chiến dịch Phản công Biên giới Tây-Nam), coñecida en Vietnam como contraofensiva na fronteira suroeste (en vietnamita: Chiến dịch Phản công Biên giới Tây-Nam), e polos nacionalistas camboxanos como invasión vietnamita de Camboxa (en khmer: ការឈ្លានពានរបស់វៀតណាមមកកម្ពុជា, Karchhléanpéan rôbâs Viĕtnam môk Kâmpŭchéa), foi un conflito armado entre a Kampuchea Democrática, controlada polos Khmer vermellos de Pol Pot, e a República Socialista de Vietnam. A guerra comezou con ataques repetidos do Exército de Liberación de Kampuchea na fronteira suroeste de Vietnam, particularmente no masacre de Ba Chúc que resultou na morte de máis de 3.000 civís vietnamitas.[1] O 23 de decembro de 1978, 10 das 19 divisións militares dos Khmer vermellos abriron fogo ao longo da fronteira suroeste compartida con Vietnam[2] co obxectivo de invadir as provincias vietnamitas de Đồng Tháp, An Giang e Kiên Giang.[3] O 25 de decembro de 1978, Vietnam lanzou unha invasión a grande escala de Kampuchea, e posteriormente ocupou o país e eliminou o derrocou ao Partido Comunista de Kampuchea do poder.
![]() |
Este artigo amosa escritos khmer. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |