Acerbaixán
estado situado no Cáucaso / From Wikipedia, the free encyclopedia
Acerbaixán[1][2][3][4][5] (en acerbaixano: Azərbaycan), oficialmente República de Acerbaixán (en acerbaixano: Azərbaycan Respublikası), é un estado situado no Cáucaso á beira do Mar Caspio. Limita con Rusia polo norte, Xeorxia e Armenia polo oeste e o Irán polo sur. A República Autónoma de Nakhichevan (un enclave de Acerbaixán) limita con Armenia ao norte e ao leste, o Irán ao sur e oeste e Turquía ao noroeste.
Azərbaycan Respublikası (az) Azərbaycan (az) | |||||
Himno | Azərbaycan marşı | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Bakú | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.145.212 (2021) (117,15 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua azarí | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 86.600 km² | ||||
Punto máis alto | Bazardüzü Dagi (4.466 m) | ||||
Punto máis baixo | Mar Caspio (−28 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1991 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república Estado unitario República semipresidencialista | ||||
• Presidente | İlham Əliyev (2003–) | ||||
• Primeiro ministro | Ali Asadov (2018–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Nacional do Azerbaijão (pt) , (Escano: 125) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 54.825.411.765 $ (2021) | ||||
Moeda | Manat acerbaixano | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .az | ||||
Prefixo telefónico | +994 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 101, 102 e 103 | ||||
Código de país | AZ | ||||
Páxina web | mfa.gov.az… | ||||
Cultural, histórica e politicamente,[6] Acerbaixán é considerado parte de Europa. No entanto, a súa localización no Cáucaso meridional sitúao nunha fronteira imaxinaria entre Europa e Asia. Trátase realmente dunha nación transcontinental, a medio camiño entre os dous ámbitos xeográficos. Estas clasificacións son arbitrarias, pois non hai diferenza xeográfica facilmente definible entre Asia e Europa.
Acerbaixán é membro de máis de 40 organizacións internacionais, incluíndo as Nacións Unidas, o Consello de Europa, o Movemento de Países Non Aliñados, o Banco Asiático de Desenvolvemento, a Comunidade de Estados Independentes, a Organización da Conferencia Islámica e a Organización de Cooperación Económica do Mar Negro. É un dos integrantes da Asociación para a Paz da Organización do Tratado do Atlántico Norte, así como da alianza militar Organización do Tratado de Seguridade Colectiva (OTSC). É tamén membro observador da Organización Mundial do Comercio.