From Wikipedia, the free encyclopedia
A abella mestra[1] ou abella raíña[2] é unha das tres castes que teñen as abellas melíferas. É a única femia fértil que pon ovos fecundados que dan orixe a abellas obreiras infértiles e pon ovos non fecundados que dan orixe a abellóns fértiles, por un mecanismo denominado partenoxénese.
As abellas melíferas sobreviven ao inverno como colonia, a abella mestra comeza a desovar na primavera. Isto é probablemente activado polas floracións das que liban o néctar, abundantes xa nesta época. A mestra é a única femia fértil e deposita os ovos dos cales nacerán todas as demais abellas. A abella mestra non abandona a colmea, salvo durante os voos de fecundación, ou cando se produce un enxame para dar lugar a unha nova colonia. A mestra deposita os seus ovos, en panais de cera que as obreiras constrúen con celas hexagonais. O ovo despois do terceiro día transfórmase nunha pequena larva que é alimentada por abéllas ama de cría ou nutrices (abellas obreiras xoves). Logo dunha semana, máis ou menos, dependendo da especie, a larva é selada na súa cela por abéllas ama de cría, producíndose o estado de ninfa ou pupa. En aproximadamente outra semana (novamente dependendo da especie), a ninfa emerxe como unha abella adulta.
As mestras non son criadas nas típicas celas horizontais do panal, senón que as súas celas son construídas para ser de maior tamaño e en posición vertical. Cando a mestra remata a súa etapa de alimentación larval e se convérte en pupa, desprázase a unha posición cabeza abaixo, desde a cal logo come a súa cela para saír. Durante a etapa de pupa, as abellas obreiras tapan ou selan a cela real. Xusto logo de emerxeren das súas celas, a miúdo as abellas mestras producen un son o cal crese é un reto a outras mestras a batallar.
As abellas mestras viven unha media de tres anos. As obreiras viven períodos moito máis breves, de menos de tres meses en media, aínda que esta é unha estimación variable que depende tanto da época estacional como da carga de traballo.
As abellas mestras liberan feromonas para regular as actividades da colmea. Moitas abellas obreiras tamén producen feromonas para comunicarse con outras abellas.
Tipo | ovo | Larva | Operculado | Pupa | Período de desenvolvemento | Fertilidade |
---|---|---|---|---|---|---|
mestra | 3 días | 5 1/2 días | 7 1/2 días | 8 días | 16 días | aprox. 23 días |
A abella mestra é a nai de toda a colonia, segundo poña un ovo fecundado del obterase unha abella obreira (femia); ou ben dun non fecundado obterase un abellón (macho).
Os ovos fecundados destinados á produción de obreiras poraos nas celas hexagonais dos panais de cera que teñan 6 milímetros de diámetro; mentres que os ovos destinados á produción de abellóns poraos en celas de 8 milímetros. A mestra produce unha serie de feromonas que teñen por función evitar que as obreiras desenvolvan postura, marcando a colonia enteira mediante un comportamento de trofalaxe que resulta de entregárense a comida boca en boca. Produce outras feromonas destinadas a outras finalidades.
A mestra é unha larva alimentada por secrecións das abellas obreiras ama de cría durante toda a súa vida. A cela que dará orixe a unha mestra é denominada cela real, ten a forma alongada, de aproximadamente 2 a 2,5 centímetros de longo. As abellas obreiras ama de cría encherán esta cela real cunha substancia que secretan denominada xelea real, operculandoa (pechándoa) ao 8º día, e ao día 16 da posta do ovo emerxe a mestra virxe.
A mestra é a única femia que está completamente desenvolvida sexualmente. Isto é o resultado dunha dieta total de xelea real durante o período de desenvolvemento. Distínguese pola súa aparencia longa e delgada causada polo desenvolvemento completo dos ovarios no abdome. Ten un aguillón sen puga. Aproximadamente cinco días logo de saír da cela, a mestra virxe fai uns voos de fecundación. Fai varios voos nun período de dous ou tres días, e pode copular con dez ou máis abellóns. Garda o esperma dos abellóns nun órgano especial, a espermateca, e non copula máis logo deste período. Na colonia atópase na área do niño de cría.
A mestra, como xa expresamos anteriormente, sae da colmea para realizar varios voos de fecundación; adoitan realizar 4 ou 5 durante varios días, realizando o apareamento co abellón en voo, por tanto dicimos que é polígama ou poliándrica porque se apareará con varios abellóns.
O porqué a abella mestra se aparea con moitos abellóns foi e é debate de moitos traballos, pero sen dúbida aumenta a diversidade xenética da súa colonia, en virtude de que as obreiras son todas fillas da mesma nai, pero non do mesmo pai. Isto explica por qué dentro da colmea podemos identificar camadas de obreiras con diferentes coloracións. O mecanismo polo cal a abella mestra fecunda os ovos con esperma de diferentes abellóns tamén o descoñecemos.
Ao redor de cinco días logo dos voos de fecundación, a mestra comeza a pór ovos. Durante períodos favorecedores unha mestra boa pode pór máis de 1500 ovos ao día. Factores que afectan a postura son: o clima, o néctar e a recolección de pole, o tamaño da mestra, e a condición da colonia. O número de ovos postos varía co ciclo anual segundo a variación de néctar e pole dispoñibles. Cando hai entrada de moito pole e néctar as obreiras estimúlanse, dando máis e mellor nutrición á mestra, o cal a estimula a pór máis ovos...
Varias das glándulas da mestra producen unha substancia complexa que se chaman feromonas da mestra. Distribúese por toda a colonia por medio das obreiras que coidan á mestra.
As feromonas da mestra son unha combinación de substancias químicas complexas que serven para controlar o comportamento doutros individuos da mesma especie. A substancia producida pola mestra e os outros individuos da colonia serve para harmonizar o comportamento da colonia.
Normalmente hai unha mestra en cada colonia, aínda que ás veces hai dúas mestras, é porque a colonia está substituíndo á mestra vella.
A mestra pode vivir ata catro anos, pero nos trópicos, onde o período anual de postura é máis longo, a mestra non vive tanto. As mestras vellas non teñen a mesma capacidade de pór ovos que teñen as mestras máis novas, por iso os apicultores prefiren ter mestras novas, substituíndoas cada dous anos.
Cor | Ano rematado en | |
branco | 1 ou 6 | |
amarelo | 2 ou 7 | |
vermello | 3 ou 8 | |
verde | 4 ou 9 | |
azul | 5 ou 0 |
As mestras píntanse na parte superior do tórax co fin de manter un control do ano en que foron postas na colmea. Deste xeito sabemos con seguridade se se produce un cambio da mestra, pois as novas non estarán pintadas, como tamén a idade da mestra nunha colmea.
O código de cores para marcalas é o seguinte:
Branco para os anos terminados en 1 e 6. Amarelo para os anos rematados en 2 e 7. Vermello para os anos rematados en 3 e 8. Verde para os anos rematados en 4 e 9. Azul para os anos rematados en 5 e 0.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.