Espermateca

From Wikipedia, the free encyclopedia

Espermateca

A espermateca é un órgano do aparato reprodutor das femias de certos insectos, moluscos e algúns outros invertebrados,[1] no que estas almacenan o esperma dos machos tras a cópula.[2]

Thumb
Espermateca da tarántula Acanthoscurria geniculata

Etimoloxía

O termo está formado polos elementos esperma- e -teca, ambos os dous derivados das voces do grego antigo σπέρμα, σπέρματος spérma, spérmatos "semite", "seme", e θήκη thḗkē "caixa", "depósito".[2]

Este neoloxismo emprgouse por primeira vez na linguaxe científica en 1826 no inglés.[2]

Función

O propósito da espermateca é o de recibir e almacenar a esperma do macho e, xelamente, é alí onde ten lugar a fecundación, é dicir, a unión do gameto feminino con masculino, cando o óvulo está maduro.[1]

A espermateca está recuberta de epitelio e ten forma variábel; algunhas son tubos finos e enroscados, outras son evaxinacións do aparato reprodutor.[3]

Algunhas especies teñen máis de unha espermateca.[3]

Cómpre non confundir este termo con espermatóforo, estrutura que contén espermatozoides, que é precisamente a que os machos introducen na espermateca das feminias durante a cópula.[4][5]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.