A Rúa
concello da comarca de Valdeorras, na provincia de Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da comarca de Valdeorras, na provincia de Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.
A Rúa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2015 tiña 4595 habitantes (5027 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «rués».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | A Rúa de Valdeorras | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.141 (2023) (115,03 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 36 km² | ||||
Bañado por | Río Sil | ||||
Altitude | 317 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa da Rúa | María González Albert (2023–) | ||||
Eleccións municipais na Rúa | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32350 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32072 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | arua.es |
Censo total | 4595 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 475 (10,34 %) |
Entre 15 e 64 anos | 2785 (60,61 %) |
Maiores de 65 anos | 1335 (29,05 %) |
Estranxeiros | 204 (4,44 %) |
Evolución da poboación da Rúa Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
2411 | 3224 | 4096 | 6060 | 5000 | 4816 | 4719 | 4695 | 4685 | 4634 | 4595 | 4530 | 4459 | 4359 | 4314 | 4283 | |||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
O nome do concello vén do substantivo común rúa (camiño dentro dunha poboación), que vén do latín vulgar via ruga (camiño entre casas), xa que ruga significa no latín clásico engurra. O termo rúa é compartido noutras linguas próximas como no portugués rua, en albanés rrugë, en bretón ruioù ou en francés rue[1].
O concello limita ao norte con Vilamartín de Valdeorras e Quiroga (este último da provincia de Lugo), ao sur con Larouco, ao leste con Petín e Vilamartín de Valdeorras, e ao oeste con Quiroga.
Os cumios de maior altitude están cara ao norte, na serra dos Cabalos, os montes de Cereixido e a serra da Enciña da Lastra: Lagoa Grande (1242 m), Pincheira (1139 m) e A Torrenta (1134 m). Cara ao sur está o val do río Sil, ao que van dar varios ríos e regatos no encoro de San Martiño.
Ten un clima suboceánico con trazos continentais e mediterráneos, con escasas choivas.
Antes da romanización, segundo Plinio e Tolomeo, as terras estaban habitadas polos guigurros, do convento xurídico asturicense. Na localidade da Rúa estaba situada a Forum Cigurrorum romana (Cigurria), a VIII mansión da Vía Nova do itinerario de Antonino, que unía Braga e Astorga, cruzando o río Sil pola ponte da Cigarrosa. Preto desta ponte atopouse unha lápida de cuarzo cunha inscrición romana, conservada na igrexa de Santo Estevo.
Na Idade Antiga establecéronse na zona os suevos e os visigodos, que utilizaron a vila como ceca de cuñaxe de moeda durante os reinados de Viterico, Sisebuto e Suintila, entre os anos 603 e 631. Logo da invasión musulmá asentáronse os agarenos, expulsados por Afonso I de Asturias a mediados do século VIII.
Na Idade Media a zona estivo baixo dominio dos reis de Asturias, León e Galiza e baixo o señorío dos condes de Lemos e Ribadavia.
Ata a Idade Moderna a vila recibiu o nome de Santo Estevo.
No século XIX houbo enfrontamentos entre a guerrilla e as tropas francesas durante a guerra da Independencia. En 1811 faleceu na zona María Manuela de Lunas y Sancho, heroína na defensa de Zaragoza.
Segundo o Decreto 281/1991, do 5 de setembro, polo que se aproba o escudo heráldico do Concello da Rúa (Ourense), a organización do escudo do concello queda do seguinte xeito: "Escudo de prata cunha banda de azur; brocante escudón de azur cunha ponte de ouro, mazonado de sable posto sobre ondas de prata e azur, e sumado dun sotuer de ouro. Ó timbre coroa real."[2] O concello representa o escudo cunha banda inferior coa lenda Forvm Egvrrorvm[3].
O concello da Rúa está irmandado co de Almendralexo (provincia de Badaxoz) desde 2002[4]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Rúa | |
---|---|
Roblido (San Xoán) | A Rúa de Valdeorras (Santo Estevo) | San Xulián (San Xulián) |
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Rúa vexa: Lugares da Rúa.