From Wikipedia, the free encyclopedia
55 Cancri e (abreviadamente 55 Cnc e) é un planeta extrasolar en órbita ó redor da estrela 55 Cancri A, semellante ó noso Sol. A súa masa é de case 7,8 masas terrestres e o seu diámetro é de case dúas veces maior có da Terra,[3] sendo clasificado coma a primeira Super-Terra descuberta ó redor dunha estrela na secuencia principal, anticipándose a Gliese 876 d nun ano. Lévalle menos de 18 horas completar unha órbita e é o planeta máis interior (do que se ten coñecemento) do seu sistema planetario. 55 Cancri e foi descuberto o 30 de agosto de 2004. Ata o 2010, no que se fixeron novas observacións e cálculos, pensábase que este planeta tardaba case 2,8 días en completar unha órbita.[4] En outubro do 2012, anunciouse que 55 Cancri e podería ser un planeta de carbono.[5][6]
Planeta extrasolar | Lista de planetas extrasolares | |
---|---|---|
Estrela nai | ||
Estrela | 55 Cancri A | |
Constelación | Cáncer | |
Ascensión recta | (α) | 08h 52m 35.8s |
Declinación | (δ) | +28° 19′ 51″ |
Magnitude aparente | (mV) | 5,95 |
Distancia | 40,3 ± 0,4 al (12,3 ± 0,1 pc) | |
Tipo espectral | G8V | |
Masa | (m) | 0,95 ± 0,10 M☉ |
Raio | (r) | 1,152 ± 0,035 R☉ |
Temperatura | (T) | 5.373 ± 9,7 K |
Metalicidade | [Fe/H] | 0,29 |
Idade | 7,4–8,7 Ga | |
Elementos orbitais | ||
Eixo semimaior | (a) | 0,01560 ± 0,00011[1] UA (2,333 Gm) |
1,27 mas | ||
Periastro | (q) | 0,0129 UA (1,94 Gm) |
Apoastro | (Q) | 0,0183 UA (2,73 Gm) |
Excentricidade | (e) | 0,17 ± 0,04[1] |
Período orbital | (P) | 0,7365449 (± 0,000005)[1] a |
(17,677 h) | ||
Inclinación | (i) | 83,4 ± 1,7° |
Semi-amplitude | (K) | 6,2 ± 0,2[1] m/s |
Características físicas | ||
Masa | (m) | 8,63 ± 0,35[2] M⊕ |
Raio | (r) | 2,00 ± 0,14[2] R⊕ |
Fluxo estelar | (F⊙) | 2.590 ⊕ |
Densidade | (ρ) | 5,9+1,5 −1,1[2] g cm-3 |
Información do descubrimento | ||
Data do descubrimento | 20-08-2004 | |
Descubridor(es) | ||
Método do descubrimento | Velocidade radial | |
Outros métodos de detección | Tránsito, variacións orbitais da curva de luz | |
Lugar do descubrimento | Texas, USA | |
Status do descubrimento | Publicado | |
Outras designacións | ||
55 Cancri Ae, Rho1 Cancri e, HD 75732 e. | ||
Referencias nas bases de datos | ||
Enciclopedia Planetas Extrasolares | datos | |
SIMBAD | datos |
Como a maioría dos planetas extrasolares coñecidos (atopados con anterioridade ó lanzamento da misión Kepler), 55 Cancri e foi descuberto a través da detección de variacións da velocidade radial da súa estrela. Isto foi conseguido a través de medicións sensibles ó efecto Doppler do espectro de 55 Cancri A. No momento do seu descubrimento, xa se coñecían outros tres planetas orbitando a estrela. Despois de descubrir eses planetas, quedaba un sinal do redor de 2,8 días, o que podería ser explicado por un planeta de polo menos 14,2 masas terrestres nunha órbita moi próxima á estrela.[7] Estas mesmas observacións serviron para confirma-la existencia de 55 Cancri c.
55 Cancri e foi un dos primeiros planetas extrasolares descuberto cunha masa comparable á de Neptuno. Anúnciase ó mesmo tempo o descubrimento doutro "Neptuno quente", Gliese 436 b, que orbita ó redor da anana vermella Gliese 436.
No ano 2005, a existencia do planeta 'e' foi cuestionada por Jack Wisdom nunha re-análise dos datos.[8] Segundo el, no sitio dun planeta cun período de 2,8 días, o que en realidade había era un planeta cunha masa semellante a de Neptuno cun período orbital de 261 días ó redor de 55 Cancri A. No 2007, Debra Fischer e os seus colegas da San Francisco State University publicaron unha nova análise[9] indicando que ambos planetas existían; o planeta de 261 días de período orbital recibiu a designación de 55 Cancri f.
O planeta transita a súa estrela primaria, o cal foi anunciado o 27 de abril do 2011, baseándose en dúas semanas de monitorización fotométrica case continua co telescopio espacial MOST.[10] O tránsito ocorre co período (0,74 días) e fase que predixeron Dawson & Fabrycky. Este é un dos poucos tránsitos confirmados ó redor dunha estrela ben estudada, e que lle permitiu ós investigadores indagar sobre a composición do planeta.
O método de velocidade radial empregado para detectar 55 Cancri e obtén unha masa mínima de 7,8 veces a da Terra,[3] ou o 48% da masa de Neptuno. O tránsito mostra que a súa inclinación é de preto de 83,4 ± 1,7. Así pois, a masa real é próxima ó rango mínimo. 55 Cancri 'e' é coplanar con 'b'.
55 Cancri e recibe máis radiación cá Gliese 436 b.[11] A cara que mira cara a súa estrela está a máis de 2.000 Kelvin (máis de 3.140 Fahrenheit), quente de abondo coma para fundi-lo metal.[12]
Inicialmente non se sabía se 55 Cancri e era un pequeno xigante de gas coma Neptuno ou un gran planeta rochoso. No 2011, un tránsito do planeta foi confirmado, permitindo ós científicos calcula-la súa densidade. Ó principio sospeitábase que podía ser un planeta de auga.[2][3] As observación iniciais non amosaban hidróxeno na súa sinatura de tránsito Lyman-alpha, Ehrenreich cavilaba con que eses volátiles poderían ser dióxido de carbano, no sitio de auga ou hidróxeno.[13]
Unha posibilidade alternativa é que 55 Cancri e sexa un planeta sólido feito de material rico en carbono, no canto de material rico en osíxeno, que é o que compón os planetas terrestres no noso sistema solar.[14] Nese caso, ó redor dun terzo da masa do planeta sería de carbono, moita desa masa podería estar en forma de diamante, coma resultado das altas temperaturas e presións do interior do planeta. Son necesarias máis observacións para confirma-la natureza do planeta.[5][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.