composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
O 5-androstenediol (androst-5-ene-3beta,17beta-diol ou 5-AED) [1][2][3] é un dos dous androstenediois (o outro é o 4-androstenediol, que se diferencia del pola posición do dobre enlace). É un esteroide, que é metabolito das hormonas androxénicas. Adquiriu importancia porque se investigou o seu potencial como unha contramedida para protexerse das radiacións. En EEUU foi estudado polo Instituto de Investigación de Radiobioloxía das Forzas Armadas (Armed Forces Radiobiology Research Institute) (AFRRI) e por Hollis-Eden Pharmaceuticals, que lle deron o nome comercial de Neumune e ensaiouse para o tratamento da síndrome de irradiación aguda.[4]
Os ensaios clínicos feitos en monos Rhesus foron exitosos. Segundo un informe de Hollis-Eden, só o 12,5% dos 40 animais tratados con Neumune morreron en comparación co 32,5% no grupo tratado con placebo.[5] Nos monos o Neumune diminuía a trombocitopenia e a anemia resultante dunha exposición a doses radioactivas moderadas e aumentaba as probabilidades de supervivencia en caso de irradiación forte. Nos humanos sans, aumentaba a taxa de plaquetas e de neutrófilos de igual maneira ca nos monos. Posteriormente, o Departamento de Saúde e Servizos Humanos dos EEUU (HHS) cancelou o contrato con Hollis-Eden en 2007.[6][7]
O 5-androstenediol é un metabolito directo do esteroide máis abundante producido polo córtex suprarrenal humano, a deshidroepiandrosterona (DHEA). O 5-androstenediol sintetízase na glándula adrenal e nas gónadas a partir da DHEA por acción do encima 17beta-hidroxiesteroide deshidroxenase. Despois é metabolizado a testosterona polo encima 3beta-hidroxiesteroide deshidroxenase. O 5-androstenediol é menos androxénico ca o 4-androstenediol, e estimula o sistema inmunolóxico. Cando se administra a ratas in vivo, o 5-androstenediol ten aproximadamente 1/70 do poder androxénico da DHEA, 1/185 do da androstenediona, e 1/475 do da testosterona.[8][9] O valor do 5-androstenediol como contramedida para a radiación débese principalmente a que estimula a produción de glóbulos brancos e plaquetas.[4]
Os androstenediois téñense usado como esteroides anabolizantes [10].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.