From Wikipedia, the free encyclopedia
Un placebo é unha substancia farmacoloxicamente inerte que se utiliza como control nun ensaio clínico. O placebo é capaz de provocar un efecto positivo a certos individuos doentes, se estes non saben que están recibindo un medicamento falso e que cren que é un verdadeiro. Isto denomínase efecto placebo e é debido a causas psicolóxicas.
A administración de placebos (do latín placēbō, “compracerei”, futuro indicativo da primeira persoa do singular de placeō ”Eu comprazo”)[2] pode promover unha melloría ou unha curación. A porcentaxe de éxitos dependerá sempre do tipo de enfermidade, da personalidade do paciente e da capacidade de suxestión do médico ou calquera outro medio. Os placebos posúen na medicina práctica unha importante misión, pero existe consenso en que deben cumprirse dúas condicións relevantes para ser empregados fóra dos ensaios farmacolóxicos:
Observando as limitacións indicadas non existe en principio obxeción algunha fronte ao uso de placebos, pero debe tratarse de substancias completamente inertes, que non posúan accións colaterais farmacodinámicas.[3]
No entanto, está claro que o efecto placebo non pode curar calquera enfermidade. Un cancro, por exemplo, non é tratable con só influencia psicolóxica. Os efectos só se limitan a aliviar síntomas relativamente superficiais e non a curar realmente a enfermidade de fondo; a menos que desde o comezo a enfermidade en cuestión non existise e só se tratase dun desequilibrio psicolóxico (compensado logo tamén psicoloxicamente).
O contrario do efecto placebo é o efecto nocebo.
Normalmente os placebos utilizados profesionalmente adoitan ser simplemente caramelos (azucre). É dicir, sen ningún composto activo. Con todo, calquera substancia pode actuar como placebo, incluso un vaso de auga pura. Por exemplo, cientificamente está demostrado que os remedios da homeopatía non son máis que simple auga.[4] É dicir, no fondo non son máis que placebos vendidos de forma fraudulenta coma se fosen medicamentos reais.
O único compoñente importante de todo placebo é o psicolóxico. É dicir, o efecto placebo funciona con base na suxestión. Cando un paciente facilmente suxestionable recibe un placebo e pensa que se trata dun medicamento real, o seu sistema nervioso xeralmente comeza a desenvolver dopamina, unha substancia química responsable dos efectos da melloría. De feito, o factor psicolóxico se evidencia ata tal punto que as pastillas de azucre fabricadas en tamaños máis grandes fornecen máis efecto que as pequenas, e as de cores vivas máis efecto que as brancas.
Se unha persoa cre padecer unha enfermidade, pero os seus achegados teñen a certeza de que só se trata dunha suxestión (produto dun desequilibrio psicolóxico como a hipocondría, por exemplo), pode outorgárselle un placebo. O paciente estará convencido de que tomou un medicamento real e os seus aparentes síntomas desaparecerán. Con todo, dado que o seu cadro psicolóxico non foi realmente tratado, o máis probable é que no futuro rexurda novamente a situación, coa mesma enfermidade imaxinaria ou outra distinta. De modo que non se pode continuar a base de placebos toda a vida; tarde ou cedo debería conseguir atención psicolóxica.
Doutra banda, o placebo ten tamén unha utilización en ambiente médico profesional. Utilízase en ensaios clínicos para poñer a proba se un medicamento é efectivo ou non, do seguinte xeito. Divídese a un conxunto numeroso de pacientes co mesmo cadro clínico en dous grupos. O primeiro grupo recibe o medicamento verdadeiro e o segundo (denominado grupo de control) recibe un placebo. Ao comparar o resultado de ambos grupos, establécese se o medicamento verdadeiro realmente funciona ou non.
Nótese que a clave reside no grupo de control. Se só se utilizase un grupo para poñer a proba o medicamento, sen comparalo co efecto dun placebo, o resultado non sería concluínte. Por exemplo, se logo de aplicar o medicamento observásese unha melloría do setenta por cento dos pacientes, aínda así o medicamento podería ser en realidade ineficiente; porque quizais se non fose administrado de todos os xeitos mellorarían os mesmos pacientes. E á inversa o mesmo; aínda se só mellorase o dez por cento dos pacientes o medicamento talvez podería ser bo, pois quizais se non se administrou mellorarían non o dez senón o tres por cento.
Un estudo no Reino Unido revela que o 97% dos médicos admitiu dar polo menos unha vez algún tipo de placebo aos seus pacientes, ben por petición do propio paciente ben por iniciativa propia para tratar de tranquilizalo. En concreto o 97% dos médicos usou tratamentos placebo «impuros» (como o uso de tratamentos non demostrados, análises de sangue ou exames físicos non esenciais), e o 12% placebos «puros» (pílulas de azucre ou inxeccións salinas que non conteñen ingredientes activos).[5][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.