31ª edición dos Óscar
From Wikipedia, the free encyclopedia
A 31.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 6 de abril de 1959 no RKO Pantages Theatre dos Anxeles (Estados Unidos). Os mestres de cerimonias foron Jerry Lewis, Mort Sahl, Tony Randall, Bob Hope, David Niven e Laurence Olivier. Niven gañou o Oscar ao mellor actor, converténdose no único presentador da historia dos Óscar que gañou un premio na mesma cerimonia.[1]
O produtor da cerimonia, Jerry Wald, comezou a cortar números do show para asegurarse de que durase o tempo axustado. Cortou demasiado material e a cerimonia acabou vinte minutos antes, facendo que Jerry Lewis intentase encher o tempo. Finalmente, a NBC cortou a unha reemisión dun programa deportivo.
O filme Gigi gañou nove Óscars, batendo o récord previo. Porén, esta marca durou pouco, xa que Ben-Hur a superou na seguinte edición.