2 Pallas
asteroide / From Wikipedia, the free encyclopedia
Pallas, formalmente designado 2 Pallas, é o segundo asteroide en ser descuberto (despois de Ceres), e é un dos asteroides de maior tamaño do Sistema Solar. Estímase que posúe o 7% da masa do cinto de asteroides,[13] e o seu diámetro é de entre 530 km a 565 km, o cal é comparable co diámetro de 4 Vesta. Pero pola contra é un 20% menos masivo que Vesta,[6] isto fai de Pallas en terceiro asteroide máis masivo. É posiblemente o maior corpo de forma irregular do Sistema Solar (ou sexa, o maior corpo non redondeado baixo a súa propia gravidade),[14] e un protoplaneta remanente.
Imaxe ultravioleta de Pallas que amosa unha forma achatada do asteroide, tomada polo Telescopio Espacial Hubble. | |
---|---|
Descubrimento e clasificación | |
Descuberto por | Heinrich Wilhelm Olbers |
Descuberto o | 28-03-1802 |
Categoría no Mpc | Cinto de asteroides (Familia de Pallas) |
Características orbitais[1][2] | |
Época= 23-07-2010 (2455400,5 dx) | |
Afelio | 510,4 Gm 3,412 UA (Q) |
Perihelio | 318,9 Gm 2,132 UA (q) |
Eixo semi-maior | 414,7 Gm 2.772 UA |
Excentricidade | 0,231 |
Período orbital | 1.685,87 d 4,62 ax |
Velocidade orbital | 17,65 km/s |
Inclinación | 34,841° respecto da eclíptica 34,21° respecto do plano invariable[3] |
Anomalía media | 96,15° (M) |
Lonxitude do nodo ascendente | 173,12°° |
Argumento do perihelio | 310,15° |
Elementos orbitais propios[4] | |
Eixo semi-maior propio | 2,7709176 UA |
Excentricidade propia | 0,2812580 |
Inclinación propia | 33,1988686° |
Movemento propio medio | 78,041654º/ano |
Período orbital propio | 1,685.87 d 4,61292 ax |
Precisión do Perihelio | -1,335344 arcseg/ano |
Precisión do nodo ascendente | −46,393342 arcseg/ano |
Características físicas | |
Dimensións | 582×556×500±18 km[5] 544 km (media)[2] |
Masa | (2,11 ± 0,26) × 1020 kg[6] |
Densidade | 2,8 g/cm³[5] |
Gravidade superficial | ≈0,18 m/s² 0,022 g |
Velocidade de escape | ≈0,32 km/s |
Oblicuidade da eclíptica | aproximadamente 78 ± 13°[7] |
Período de rotación | 0,32555 d (7,8132 h)[8] |
Tipo espectral | Asteroide tipo-B[9] |
Albedo | 0,159 (albedo xeométrico)[10] |
Magnitude aparente | de 6,49[11] a 10,65 |
Magnitude absoluta | 4,13[10] |
Temperatura superficial | ≈164 K max: ≈265 K (-8 °°C) |
Tamaño angular | 0,629"[12] a 0,171" |
Cando Pallas foi descuberto polo astrónomo Heinrich Wilhelm Matthäus Olbers o 28 de marzo de 1802, foi considerado coma un planeta, así coma outros asteroides no inicio do século XIX. O descubrimento de moitos máis asteroides despois de 1845 levou á súa reclasificación.
A superficie de Pallas parece estar composta de silicato, o espectro da superficie e densidade estimada asemellase á condrita carbonácea dos meteoritos. A órbita de Pallas, de 34,8°, é infrecuentemente inclinada respecto do plano do cinto de asteroides, e a súa excentricidade orbital é case tan grande coma a de Plutón, facendo que Pallas sexa relativamente inaccesible para as sondas espaciais.[15][16]