Astrónomo, astrónoma
científico cuxa área de investigación é a astronomía / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un astrónomo é un científico cuxa área de investigación é a astronomía.
Considérase o comezo da astronomía na antiga Babilonia polos seus sacerdotes. Estudos recentes dos gravados babilonios mostraron o coñecemento extremadamente preciso que posuían do seu ceo nocturno. Seguindo aos babilonios, os exipcios tamén facían especial fincapé na observación do ceo.
A combinación das interpretacións relixiosas do ceo, como lendas e mitos, conducen a unha dualidade que hoxe nós identificamos como astroloxía. É importante ter en conta que antes de 1750 aproximadamente non se facía distinción entre astronomía e astroloxía.
A diferenza da maioría de científicos, os astrónomos non poden manipular directamente os obxectos que estudan, e deben facer uso de detalladas observacións para os seus descubrimentos. Xeralmente, os astrónomos usan telescopios e outros instrumentos ópticos para as súas observacións.