Évora
cidade portuguesa, capital do Distrito de Évora / From Wikipedia, the free encyclopedia
Évora é unha cidade portuguesa, capital do Distrito de Évora. Está situada na rexión de Alentexo, subrexión do Alentejo Central, e conta cunha poboación de 56.596 habitantes (2011).[1] Evora é a única cidade portuguesa membro da Rede de cidades máis antigas de Europa.[2]
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Évora | |||
Capital de | ||||
Contén a división administrativa | Bacelo e Senhora da Saúde (pt) Canaviais (pt) Malagueira e Horta das Figueiras (pt) Nossa Senhora da Graça do Divor (pt) Nossa Senhora da Tourega e Nossa Senhora de Guadalupe (pt) Nossa Senhora de Machede (pt) São Bento do Mato (pt) São Manços e São Vicente do Pigeiro (pt) São Miguel de Machede (pt) São Sebastião da Giesteira e Nossa Senhora da Boa Fé (pt) Torre de Coelheiros (pt) Évora (São Mamede, Sé, São Pedro e Santo Antão) (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 53.577 (2021) (40,99 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 1.307,04 km² | |||
Altitude | 295 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 1166 | |||
Día festivo | ||||
Organización política | ||||
Membro de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 7000 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 266 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | Tønsberg (pt) Vidigueira Sines Suzdal (pt) (1986–) Angra do Heroísmo (1988–) Illa de Mozambique (1997–) Chartres (2003–) | |||
Páxina web | cm-evora.pt |
O seu termo municipal é un dos máis grandes de Portugal, con 1.307 km2,[3] subdividido en 19 parroquias, o municipio ocupa o 5% da superficie do Alentejo. A área urbana ocupa 1643 ha. A cidade limita ao norte co municipio de Arraiolos, ao nordés con Estremoz, ao leste con Redondo, ao sueste de Reguengos de Monsaraz, no sur por Portel, ao suroeste por Viana do Alentejo e ao oeste por Montemor-o-Novo.[4] É sede de Distrito e antiga diocese e metrópole eclesiástica (Archidiocese de Évora).[5]
Centro histórico de Évora | |
---|---|
Sé de Évora | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Portugal |
Localización | 38°34′N 07°54′O |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, IV |
Inscrición | 1986 (10ª Sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 361 |
O seu centro histórico, ben conservado, é un dos máis ricos en monumentos de Portugal, o que lle vale o cualificativo de "Cidade-Museo".[6] En 1986, o centro histórico da cidade foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.[7]
Évora é o centro dunha rexión mineira e agrícola; nela prodúcese cortiza, mármore, amianto, ferro e cobre. Entre o seu patrimonio destaca o templo romano, a catedral e a capela dos Ossos.[8]