Capela dos Ossos
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Capela dos Ossos (en galego: capela dos Ósos) é un coñecido monumento de Évora, en Portugal. Está situada na Igrexa de São Francisco. Foi construída no século XVII por iniciativa de tres monxes que, dentro do espírito da contra-reforma relixiosa do Concilio de Trento, pretendían transmitir a mensaxe da transitoriedade da vida, tal como se deprende do célebre aviso á entrada: "Nós ossos que aqui estamos pelos vossos esperamos". A capela foi construída no local do primitivo dormitorio fradesco e está formada por 3 naves de 18,70 m de longo e 11 m de ancho, e a luz entra por tres pequenas fiestras do lado esquerdo. As súas paredes e os oito piares están decorados con ósos e caveiras unidos por cemento pardo. As bóvedas son de ladrillo recuberto con xeso branco e pintadas con motivos alegóricos á morte. É un monumento dunha arquitectura penitencial de arcos ornamentados con filas de caveiras, cornixas e naves brancas. Calculouse arredor de 5000 caveiras, provenientes dos cemiterios, situados en igrexas e conventos da cidade que foron usadas no templo.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2020.) |
Capela dos Ossos | |
---|---|
País | Portugal |
Localización | Évora |
Coordenadas | 38°34′08″N 7°54′30″O |
Diocese | Arquidiocese de Évora |
[ editar datos en Wikidata ] |
A capela está adicada ao Senhor dos Passos, imaxe coñecida na cidade de Évora como o Senhor Jesus da Casa dos Ossos, que impresiona pola expresividade coa que representa o sufrimento de Cristo, na súa camiñada coa cruz até ao calvario.
As caveiras descarnadas
São a minha companhia,
Trago-as de noite e de dia
Na memória retratadas
Muitas foram respeitadas
No mundo por seus talentos,
E outros vãos ornamentos,
Que serviram à vaidade,
E talvez...na eternidade
Sejam causa de seus tormentos.
Aonde vais, caminhante, acelerado?
Pára...não prossigas mais avante;
Negócio, não tens mais importante,
Do que este, à tua vista apresentado.
Recorda quantos desta vida tem passado,
Reflecte em que terás fim semelhante,
Que para meditar causa é bastante
Terem todos mais nisto parado.
Pondera, que influído d'essa sorte,
Entre negociações do mundo tantas,
Tão pouco consideras na morte;
Porém, se os olhos aqui levantas,
Pára...porque em negócio deste porte,
Quanto mais tu parares, mais adiantas.
Este soneto é atribuído ao Padre António da Ascensão Teles, párroco da freguesía de São Pedro (Évora) (na igrexa de São Francisco) entre 1845 e 1848.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Capela dos Ossos |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.