Rombencéfalo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O rombencéfalo (ou cerebro posterior) é unha porción do encéfalo embrionario que forma a parte do encéfalo que rodea o cuarto ventrículo e conecta coa medula espiñal, e está formado polo metencéfalo e o mielencéfalo. Comprende o bulbo raquídeo, a ponte de Varolio, e o cerebelo. O rombencéfalo mantén procesos corporais vitais como a respiración, sistema cardíaco, coordinación muscular, entre outros.[1]
O rombencéfalo pode subdividirse nun número variable de avultamentos transversais chamados rombómeros. No embrión humano poden distinguirse oito rombómeros, que desde o caudal ao rostral son: Rh8-Rh1. Rostralmente, o istmo marca os límites co cerebro medio ou mesencéfalo.
Existe unha rara enfermidade do rombencéfalo chamada "rombencefalosinapse", que se caracteriza pola ausencia de vermis, o que orixina un cerebelo fusionado. Os pacientes xeralmente presentan ataxia cerebelar (falta de coordinación muscular).
O rombencéfalo caudal foi xeralmente considerado o sitio de iniciación do peche do tubo neural.[2]