École Normale Supérieure (París)
establecemento francés de ensino superior / From Wikipedia, the free encyclopedia
A École normale supérieure - PSL tamén coñecida como ENS, Normale sup, Ulm ou ENS de Paaris), é unha grande école situada en París, Francia. É un dos membros constituíntes da Universidade de París de Ciencias e Letras (PSL).[1] Orixinalmente concibida durante a Revolución Francesa, a école foi fundada en 1794 para formar profesorado de alto nivel, aínda que foi pechada posteriormente.[2] A escola foi reaberta posteriormente por Napoleón I como pensionnat normal desde 1808 a 1822, antes de recuperar o seu carácter orixinal en 1826, e renomeada como École normale en 1830. En 1845, cando se crean institucións de aprendizaxe para profesores de ensino primario engádese ao nome a palabra supérieure (que quere dicir superior).[3] Dende entón, transformouse nunha plataforma para que os estudantes franceses poidan seguir carreiras tanto no goberno como na academia.
École normale supérieure – PSL | |
---|---|
Datos xerais | |
Fundación | 1794 |
Datos actuais | |
Alumnos | 2400 |
Datos de contacto | |
Páxina web | ens.psl.eu |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Debido ás súas características, a ENS ten unha proporción moi elevada de persoal laureado, e en consecuencia unha gran reputación. Por exemplo, entre os seus alumni inclúense 14 Premios Nobel[4] (sendo a proporción máis alta de laureados co Nobel de calquera institución), dos cales oito son en Física, doceMedallas Fields, máis da metade dos receptores da medalla de Ouro do CNRS (o premio científico máis alto de Francia ) e varios centos de membros do Institut de Francia, ademais de múltiples políticos e estadistas.[5]
O modelo da ENS foi replicado en múltiples lugares. Dentro de Francia cabe mencionar a ENS de Lión, a ENS de París-Saclay ou a ENS de Rennes. En Italia atópase a Scuola Normale Superiore en Pisa. En outros países como en Romanía, na China e en colonias francesas anteriores como Marrocos, Alxeria, Malí, Mauritania, Alxeria e o Camerún tamén existen centros seguindo o modelo da ENS.[6]