Suráfrica
país sudafricano / From Wikipedia, the free encyclopedia
A República de Suráfrica[1] é unha república situada no extremo sur do continente africano, cunha liña de costa de 2.798 quilómetros entre os océanos Atlántico e Índico. Limita ao norte con Namibia, Botswana e Cimbabue; ao leste con Mozambique e Eswatini; mentres que Lesoto é un país independente completamente rodeado polo territorio surafricano.
Suid-Afrika (af) South Africa (en) uMzantsi Afrika (xh) iNingizimu Afrika (zu) iNingizimu Afrika (ss) iSewula Afrika (nr) Aforika Borwa (tn) Afrika Borwa (st) Afrika Borwa (nso) Afurika Tshipembe (ve) Afrika-Dzonga (ts) | |||||
Himno | Nkosi Sikelel' iAfrika | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Unidos na diversidade» | ||||
Nomeado en referencia a | sur e África | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Pretoria Bloemfontein Cidade do Cabo | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 62.027.503 (2022) (50,8 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa Lingua africáner Lingua ndebele Lingua sotho do norte Lingua sotho Lingua suazi Lingua tsonga Lingua tswana Lingua venda Lingua xhosa Lingua zulú Lingua de sinais surafricana | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.221.037 km² | ||||
Bañado por | océano Atlántico sur e Océano Índico | ||||
Altitude | 1.037 m | ||||
Punto máis alto | Mafadi (3.450 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Índico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 31 de maio de 1910 | ||||
Día festivo | Aninovo (1 de xaneiro) Venres Santo (dois dias antes da Páscoa (pt) ) Freedom Day (en) (27 de abril) Día Internacional dos Traballadores (1 de maio) Youth Day (en) (16 de xuño) National Women's Day (en) (9 de agosto) Heritage Day (en) (24 de setembro) Dia da Reconciliação (pt) (16 de decembro) Nadal (25 de decembro) Day of Goodwill (en) (26 de decembro) Family Day (pt) (Easter + 1 day (en) ) Día dos Dereitos Humanos (10 de decembro) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | República parlamentaria democracia representativa | ||||
Órgano executivo | governo da África do Sul (pt) | ||||
• Presidente | Cyril Ramaphosa (2018–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento da África do Sul (pt) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Corte Constitucional da África do Sul (pt) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 419.015.636.065 $ (2021) | ||||
Moeda | Rand surafricano | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .za | ||||
Prefixo telefónico | +27 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112 | ||||
Código de país | ZA | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | gov.za | ||||
Suráfrica é coñecida pola súa variedade de culturas e linguas, sendo recoñecidos pola súa constitución once idiomas oficiais, dos que dous son de orixe europea: o afrikaans, unha lingua que xurdiu principalmente do neerlandés, e o inglés surafricano. Aínda que o inglés é a lingua máis utilizada na vida pública e de negocios, é tan só a quinta lingua máis falada nos fogares.
Ademais das linguas, o país é tamén etnicamente diverso. Ao redor do 79,2% da poboación surafricana é de orixe negra africana, dividida nunha gran variedade de grupos étnicos que falan diferentes linguas bantús, nove das cales teñen carácter oficial. En Suráfrica tamén viven grandes comunidades de europeos, hindús e etnicamante mixtas. Ao redor dunha cuarta parte da poboación carece de emprego e vive con menos dun euro ao día. Suráfrica é tamén un dos membros fundadores da Unión Africana, da cal posúe a economía máis grande de tódolos membros. Tamén foi membro fundador das Nacións Unidas e é membro entre outras organizacións da Commonwealth de Nacións, da Organización Mundial do Comercio ou do Fondo Monetario Internacional.