![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2c/South_Africa_2011_Tswana_speakers_proportion_map.svg/langgl-640px-South_Africa_2011_Tswana_speakers_proportion_map.svg.png&w=640&q=50)
Lingua tswana
From Wikipedia, the free encyclopedia
O tswana,[2] (tamén chamado setsuana, setswana ou sitswana) é unha lingua bantú falada principalmente polos tswana. Aínda que o inglés é o idioma oficial de Botswana, a maioría dos falantes tamén entenden o setswana. Tamén hai falantes en Cimbabue e Namibia, habendo así uns 4 millóns de falantes. Antes de que Suráfrica se convertera nunha democracia multirracial, os bantustáns de Bophuthatswana creáronse cubrindo áreas de falantes tswana de Suráfrica.
tswana SeTswana | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Setsuana | |
Falado en: | Botswana Suráfrica Zimbabue Namibia | |
Rexións: | África Austral | |
Total de falantes: | 4 407 174 | |
Familia: | Níxer-congo Atlántico-congo | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Botswana e Suráfrica | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | tn | |
ISO 639-2: | tsn | |
ISO 639-3: | tsn
| |
SIL: | TSW
| |
Mapa | ||
![]() Provincias de Súrafrica onde se fala setsuana, como lingua principal. | ||
Status | ||
![]() |
O setswana usa unha ortografía normalizada baseada no alfabeto latino. Desde un punto de vista do parentesco filoxenético, está estreitamente relacionado coa lingua sotho ou sesotho meridional e o sesotho setentrional (sesotho sa Leboa).