![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/95/South_Africa_2011_Xhosa_speakers_proportion_map.svg/langgl-640px-South_Africa_2011_Xhosa_speakers_proportion_map.svg.png&w=640&q=50)
Lingua xosa
From Wikipedia, the free encyclopedia
O xosa[2] é unha das 11 linguas oficiais de Suráfrica. É falada por aproximadamente 7,9 millóns de persoas (preto do 18% de sur-africanos), principalmente nas provincias do Cabo e sur do KwaZulu-Natal, mais tamén nos países veciños, Botswana e Lesoto.
Datos rápidos Xosa isiXhosa, Status oficial ...
Xosa isiXhosa | ||
---|---|---|
Falado en: | Suráfrica e Lesoto | |
Rexións: | O Cabo Oriental e Cabo Occidental | |
Total de falantes: | 7,5 millóns (2007) | |
Familia: | Níxer-congo Atlántico-congo Benue-congo Bantoide meridional Bantú Bantú meridional Nguni Zunda Xosa | |
Escrita: | Latina (alfabeto xosa) braille xosa | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | ![]() ![]() | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | xh | |
ISO 639-2: | xho | |
ISO 639-3: | xho
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
![]() |
Pechar
As consoantes clicantes son unha característica prominente dos sons desta lingua e mesmo o nome "Xosa" iníciase cun "clique". No IPA, o nome da lingua é pronunciado aproximadamente como [||hosa].
Estímase que preto do 15% do vocabulario é de orixe khoisa e mesmo as consoantes clicantes poden ser desa orixe. Existen xornais e programas de radio nesta lingua.
Dialectos: XeAleka, Ndlambe, Gaika (NCqika), Thembu, BomVana, MPondomse (MPondomisi), MPondo, Xesibe.