![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/75/Phytate.svg/langgl-640px-Phytate.svg.png&w=640&q=50)
Ácido fítico
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O ácido fítico, tamén chamado inositol hexaquisfosfato (IP6), ou, cando está en forma de sales, fitato, é un éster fosfato do inositol. Contén seis grupos fosfato. A pH fisiolóxico, estes fosfatos están parcialmente ionizados. O anión resultante é unha especie química incolora que ten un papel nutricional significativo como principal forma de almacenamento do fosfato en moitos tecidos de plantas, especialmente na fibra vexetal e nas sementes.[1] Pode encontrarse nos cereais.
Ácido fítico | |
---|---|
![]() | |
(1R,2S,3r,4R,5S,6s)-ciclohexano-1,2,3,4,5,6-hexaíl hexaquis[dihidróxeno (fosfato)] | |
Identificadores | |
Número CAS | 83-86-3 |
PubChem | 890 |
ChemSpider | 16735966 |
UNII | 7IGF0S7R8I |
ChEBI | CHEBI:17401 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C6H18O24P6 |
Masa molar | 660,04 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Os catabolitos do ácido fítico denomínanse inositol polifosfatos inferiores. Exemplos son os inositol penta- (IP5), tetra- (IP4) e trifosfato (IP3).