Anión
un ión con carga eléctrica negativa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un anión[1][2] é un ión con carga eléctrica negativa. O seu nome provén de que nun campo eléctrico creado por ánodo e cátodo, achégase ó ánodo, polo positivo. Entre os anións máis habituais atópanse os formados cando un átomo dun elemento non metálico gaña un ou máis electróns.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Así, cando un átomo de cloro adquire un electrón dá lugar ao anión ou ión cloruro:
- Cl + 1 e- → Cl-.
Cando un átomo de xofre adquire dous electróns dá lugar ao anión ou ión sulfuro:
- S + 2 e- → S2-.
Cando un átomo de nitróxeno adquire tres electróns dá lugar ao anión ou ión nitruro:
- N + 3 e- → N3-.
Outras veces o anión, especialmente se é poliatómico, fórmase pola rotura ou disociación dunha molécula.
Así, a disociación dunha molécula de cloruro de hidróxeno dá lugar ao ión cloruro, xunto cun protón ou ión H+.
- HCl → Cl- + H+
A disociación da molécula de ácido sulfúrico dá lugar ao ión sulfato, SO42-, xunto con dous protóns:
- H2SO4 → SO42- + 2 H+