Ácido clorhídrico
From Wikipedia, the free encyclopedia
O ácido clorhídrico rara vez chamado aínda, ácido muriático, é unha disolución acuosa do gas cloruro de hidróxeno (HCl). É moi corrosivo e ácido. Emprégase moito como reactivo químico sendo un ácido forte que se disocia completamente en disolución acuosa. Unha disolución concentrada de ácido clorhídrico ten un pH inferior a 1; unha disolución de HCl 1 M da un pH co valor 0.
Xeral | |
---|---|
Nome | Ácido clorhídrico |
Fórmula química | HCl (aq) |
Aparencia | Líquido incoloro ou debilmente amarelo |
Número CAS | [7647-01-0] |
Físicas | |
Masa molecular | 36,46 uma |
Punto de fusión | 247 K (-26 °C) (disolución ó 38%). |
Punto de ebulición | 321 K (48 °C) (disolución ó 38%). 383 K (110 °C) (disolución ó 20,2%). |
Densidade | 1,18 ×103 kg/m3(disolución ó 37%) |
Solubilidade | miscible en auga |
Viscosidade | 1,9 mPa•s a 25 °C, disolución ó 31.5% |
pKa | -8,0 |
Compostos relacionados. | HF, HBr , HI |
Termoquímica | |
ΔfH0gas | -92,3 kJ/mol. Para o HCl(gas). |
S0gas, 1 bar | 186,7 J/mol•K . Para o HCl(gas). |
ΔfG0gas | -95,3 kJ/mol . Para o HCl(gas). |
Seguridade | |
MSDS | External MSDS |
Inxestión | Pode producir gastrite, queimaduras, gastrite hemorráxica, edema, necrose. Recomendase beber auga ou leite e NON inducir o vómito. |
Inhalación | Pode producir irritación, edema e corrosión do tracto respiratorio, bronquite crónica. Recomendase levar a persoa a un lugar con aire fresco, mantela quente e quieta. Se se detén a respiración practicar reanimación cardiopulmonar. |
Pel | Pode producir queimaduras, úlceras, irritación. Quitar da zona afectada toda a vestimenta e calzado e facer correr auga durante 20 minutos polo menos. |
Ollos | Pode producir necrose na córnea, inflamación no ollo, irritación ocular e nasal, úlcera nasal. Lavar os ollos expostos con abundante auga durante 15 minutos polo menos. |
Máis información | Hazardous Chemical Database (En inglés) |
As propiedades sen referencia veñen dadas en condicións estándar(100 kPa, 25 °C), a non ser que se indique outra cousa. |
A temperatura ambiente, o cloruro de hidróxeno é un gas incoloro a lixeiramente amarelo, corrosivo, non inflamable, máis pesado que o aire, de olor fortemente irritante. Cando se expón ó aire, o cloruro de hidróxeno forma vapores corrosivos densos de cor branca. O cloruro de hidróxeno pode ser liberado por volcáns.
O cloruro de hidróxeno ten numerosos usos. Emprégase, por exemplo, para limpar, tratar e galvanizar metais, curtir coiro, e no refino e manufactura dunha ampla variedade de produtos. O cloruro de hidróxeno pode formarse durante a combustión de moitos plásticos. Cando entra en contacto coa auga, forma ácido clorhídrico. Tanto o cloruro de hidróxeno como o ácido clorhídrico son corrosivos.