Cando en Termodinámica nos dan un valor de entalpía ou de entropía ou de calquera outra magnitude en condicións normais ou estándar o termo condicións normais ou estándar refírese a substancias (habitualmente a 1 mol das mesmas) no seu estado estándar (a forma máis estable da substancia a 1 atmosfera de presión e a unha determinada temperatura, que adoita ser 298 K ou 25 °C).
Represéntase poñendo un cero como superíndice, así H0 para referirse a entalpía estándar, S0 para referirse a entropía estándar e de igual xeito para outras magnitudes termodinámicas.
Cando nos referimos a volumes de gases, Condicións normais ou estándar de presión e temperatura ou presión e temperatura normais, son termos químicos que implican que a temperatura á que se fai referencia é de 0°C (273,16 K) e á presión de 1 atm (definida como 101.325 Pa). A partir de 1982 a IUPAC recomendou empregar un valor para a presión estándar de 105 Pa = 100 kPa (equivalente a 1 bar). 1 mol dun gas medido en condicións normais ocupa un volume de 22,4 L.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.