Ábsida central de San Clemente de Taüll
conxunto de pintura mural da ábsida central de Sant Climent de Taüll / From Wikipedia, the free encyclopedia
A ábsida central de San Clemente de Taüll[1] (en catalán: absis central de Sant Climent de Taüll) é unha pintura mural que pertence ó conxunto da igrexa de San Clemente de Taüll de La Vall de Boí, lugar onde se atopa a meirande concentración de arte románica de toda Europa, cunha igrexa por cada 25 km².[2] O conxunto de igrexas románicas de La Vall de Boí foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2000.
Ábsida central de San Clemente de Taüll | |
---|---|
Artista | Mestre de Taüll |
Data | 1123 |
Técnica | Fresco |
Dimensións | 630 cm × 360 cm |
Localización | Museo Nacional de Arte de Cataluña (Barcelona) |
Os trazos característicos e diferenciais desta obra, realizada polo autor coñecido como Mestre de Taüll, fan que sexa considerado «un dos exemplos máis puros da arte románica europea»[3] e «unha das iconas máis representativas do románico catalán, especialmente pola forza que se reflicte na súa faciana».[4] Trasladada baixo a dirección de Puig i Cadafalch a comezos do século XX, a obra está exposta no Museo Nacional de Arte de Cataluña, o museo coa mellor colección de pinturas murais románicas do mundo.[5]