Substantivo feminino
forza (sg: forza; pl: forzas)
- Capacidade para mover, deformar ou empuxar algo ou a alguén que posúe algún tipo de resistencia, de facer algo duro, con intensidade para vencer a resistencia.
- Capacidade espiritual ou moral para levar a cabo unha acción ou soportar unha carga física ou mental.
- Acto violento exercido contra algo ou alguén, para obrigalo a comportarse de certo xeito e conseguir un obxectivo.
- (Física) Calquera acción ou influencia que produce unha variación no estado de equilibrio ou de movemento dun corpo, é dicir, capaz de deformalo ou de imprimirlle unha aceleración. Magnitude vectorial medible cun dinamómetro, o newton é a súa unidade no SI.
- Calquera cousa que ten o poder de producir un efecto de influencia sobre algo ou alguén.
- Grupo de xente organizada que ten algún obxectivo, de seguridade, político, militar...
- Corrente eléctrica (a transformación de enerxía eléctrica en forza).