facer

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads
Remove ads

Verbo transitivo

facer

  1. Dar forma a algo material reunindo e colocando convenientemente os elementos de que se compón.
    • Exemplo: Estou a facer a comida. A parella de merlos fixeron o niño nunha silveira.


  1. Realizar todo o necesario nunha cousa para que estea de maneira conveniente para o seu uso.
    • Exemplo: Está todo listo, xa fixemos as camas.


  1. Buscar a solución a unha cousa ou realizar o traballo que precisa iso.
    • {{exemplo|Pasei a mañá facendo un encrucillado. Deixa de xogar, tes que facer os deberes.
  2. Provocar ou obrigar a alguén a que se execute o que se expresa no verbo indicado.
    • Exemplo: O imprudente fixo chorar ao neno. Fíxoo vir a pé.


  1. Realizar certa actividade.
    • Exemplo: Para estar en forma fai moita ximnasia.


  1. Chegar a ter algo.
    • Exemplo: Cando viviu no Brasil fixo moitos cartos.


  1. Completar un número ou cantidade.
    • Exemplo: Acaba de facer vinte anos.


  1. Dar como resultado.
    • Exemplo: Tres máis dous fan cinco.


  1. Haber xustamente certo número de días, semanas, meses ou anos do nacemento de alguén.
    • Exemplo: O próximo luns miña neta fará os vinte anos.


  1. Supoñer ou imaxinar que algo ou alguén está nun sitio, ou era de certa maneira.
    • Exemplo: Non te facía aquí. Eu facíao un pouco máis baixo.


  1. Converter noutra cousa distinta.
    • Exemplo: Rapaz, cos meus consellos fareite un home.


  1. Percorrer, andar, unha certa distancia.
    • Exemplo: O avó, perdido, fixo moitos quilómetros polo monte.


  1. Provocar o efecto de que algo pareza distinto do que é.
    • Exemplo: Ese frouxo pantalón faite máis gordo.


  1. Imitar a voz ou o canto de alguén.
    • Exemplo: Meu neto fai moi ben oi cangto do paspallás.


  1. Adoptar o comportamento propio de alguén.
    • Exemplo: Ti es parvo ou falo?


  1. Actuar de tal maneira que parece o que se expresa.
    • Exemplo: Fixo que non a oía.


  1. Conseguir que o corpo soporte ou non lle sexa estraño algo.
    • Exemplo: Tes que facer o corpo a ese duro traballo.


  1. Ser unha persoa ou cousa a causa de que alguén sexa aquilo que se expresa
    • Exemplo: A boa nova fíxonos moi felices.


  1. Como impersoal, indica fenómenos metereolóxicos.
    • Exemplo: Onte fixo moita calor.


  1. (Coloquial) Deixar en testamento.
    • Exemplo: Fíxolle as súas propiedades aos netos.


Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads