político e profesor español From Wikipedia, the free encyclopedia
Ástor García Suárez, nado en Oviedo en 1978,[1] é un profesor e político comunista español. É o actual secretario xeral do Partido Comunista dos Traballadores de España.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ástor García Suárez 1978 (45/46 anos) Oviedo, España |
Educación | Universidade de Oviedo |
Actividade | |
Ocupación | político, mestre |
Partido político | Partido Comunista de los Pueblos de España Partido Comunista de los Trabajadores de España |
Licenciouse en Dereito pola Universidade de Oviedo [2] e comezou a súa militancia comunista a principios dos anos 2000, participando nas protestas estudantís contra a LOU.[1] Nas eleccións municipais de 2007 formou parte das listas do Partido Comunista dos Pobos de España á alcaldía de Oviedo.[3] Pouco despois pasou a ser o responsable político do PCPE na Rioxa e membro do Comité Central, e nas eleccións xerais de 2008 foi como cabeza de lista ao Congreso pola provincia da Rioxa.[4] Foi tamén o cabeza de lista do PCPE nas eleccións autonómicas ao Parlamento da Rioxa de 2011[5] e 2015.[6]
En 2017 produciuse unha división no seo do PCPE, que levou a que unha parte do partido elixise novo secretario xeral a Ástor García, en detrimento de Carmelo Suárez, secretario xeral dende 2002. García contou co apoio da práctica totalidade dos Colectivos da Mocidade Comunista e de parte das organizacións territoriais do partido, pero non co do Comité Central, que apoiou maioritariamente a Carmelo Suárez e denunciou a elección de García como un "acto fraccionario".[7] 220 militantes do PCPE e CJC asinaron un documento que apoiaba as decisións tomadas pola dirección liderada por García, subscribindo un acordo de cinco puntos en defensa do partido,[8] mentres que varias organizacións territoriais emitiron declaracións en defensa da nova dirección, incluíndo as de Euskal Herria,[9] de Asturias,[10] de Cantabria,[11] de Galicia,[12] de Madrid,[13] das Illas Baleares,[14] de Canarias,[15] de Castela e León[16] e parte de Cataluña.[17] A nivel internacional, o Partido Comunista de México,[18] o Partido Comunista de Grecia (KKE),[19] o Partido do Traballo de Austria[20] e o Partido Comunista de Italia[21] apoiaron a Ástor García como secretario xeral do PCPE. Tamén realizaron eventos conxuntos nos que participou o Partido Comunista de Turquía.[22] Mediante a convocatoria dunha Conferencia Central[23] decidiuse celebrar un XI Congreso Extraordinario[24] que se celebrou en novembro de 2017 baixo o lema "Por un país para a clase obreira, fortalezamos o PCPE".[25]
Finalmente, o 3 de marzo de 2019 resolveuse pola vía legal a duplicidade de siglas.[26] O sector encabezado por Ástor García adoptou un novo nome, o Partido Comunista dos Traballadores de España (PCTE), segundo o disposto no seu XI Congreso extraordinario.[27] É dende entón o seu secretario xeral.
A mediados de marzo de 2019, foi elixido polo Comité Central do PCTE, por unanimidade, como candidato presidencial para as eleccións xerais de abril dese ano[28] e encabezou a lista ao Congreso pola provincia de Madrid.[29]
Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2019, encabezou a lista do PCTE,[30] obtendo 19.081 votos (un 0,09%).[31]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.