partido político comunista marxista–leninista From Wikipedia, the free encyclopedia
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).[1]
Partido Comunista dos Traballadores de España Partido Comunista de los Trabajadores de España | |
---|---|
Partido político de España | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Ástor García |
Mocidades | Colectivos da Mocidade Comunista |
Filiación internacional | Iniciativa de Partidos Comunistas e Obreiros Encontro Internacional de Partidos Comunistas e Obreiros |
Historia | |
Fundación | 3 de marzo de 2019 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Comunismo Marxismo-leninismo |
Outros datos | |
Publicación | Nuevo Rumbo |
Na rede | |
partido-comunista.es | |
En abril de 2017, trala V Sesión Plenaria do Comité Central do Partido Comunista dos Pobos de España, disputas internas provocaron a división do partido. Unha parte do Comité Central proclamou a Ástor García como o novo secretario xeral do PCPE, substituíndo ao veterano Carmelo Suárez, no cargo desde 2002, que foi apoiado na súa posición de secretario xeral pola maioría do Comité Central. O sector de Ástor García creou unha nova páxina web coas siglas do PCPE explicando dito nomeamento,[2] mentres que na web do outro sector denunciábase a designación de García como un "acto fraccionario".[3] A partir dese momento, os dous sectores actuaron de facto como dous partidos diferentes, pero utilizando ambos o mesmo nome.
A nivel internacional, o Partido Comunista de México,[4] o Partido Comunista de Grecia (KKE),[5] o Partido do Traballo de Austria[6] e o Partido Comunista de Italia[7] apoiaron a Ástor García como secretario xeral do PCPE. Tamén realizaron eventos conxuntos nos que participou o Partido Comunista de Turquía.[8] Do mesmo xeito, a dirección e a maioría dos militantes os Colectivos da Mocidade Comunista (CJC) apoiaron a Ástor García.[9][10] Neste sentido, 220 militantes do PCPE e CJC asinaron un documento que apoiaba as decisións tomadas pola dirección liderado por García, subscribindo un acordo de cinco puntos en defensa do partido,[11] mentres que varias organizacións territoriais emitiron declaracións en defensa da nova dirección, incluíndo as de Euskal Herria,[12] de Asturias,[13] de Cantabria,[14] de Galicia,[15] de Madrid,[16] das Illas Baleares,[17] de Canarias,[18] de Castela e León[19] e parte de Cataluña.[20] Mediante a convocatoria dunha Conferencia Central[21] decidiuse celebrar un XI Congreso Extraordinario[22] que se celebrou en novembro de 2017 baixo o lema "Por un país para a clase obreira, fortalezamos o PCPE".[23]
Finalmente, o 3 de marzo de 2019 resolveuse pola vía legal a duplicidade de siglas.[24] O sector encabezado por Ástor García adoptou un novo nome, o Partido Comunista dos Traballadores de España (PCTE), segundo o disposto no seu XI Congreso extraordinario.[1]
O PCTE participou nas Eleccións Xerais de abril de 2019 en España, presentando candidaturas en 26 provincias[25] e obtendo 14.189 votos (un 0,05%)[26] e nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 con Ástor García como cabeza de lista[27], obtendo 19.081 votos (un 0,09%).[28] No mesmo día das eleccións ao parlamento europeo o PCTE participou en cinco eleccións autonómicas e en dezaseis municipios. Conseguiu dous concelleiros no antigo concello mineiro de Degaña no sur de Asturias. Tamén apoiou a lista local Asamblea Ciudadana Por Torrelavega (ACPT)[29] a cal tamén obtivo dous concelleiros.[30]
Na repetición das eleccións xerais, en novembro de 2019, presentou candidaturas en 38 provincias, obtendo uns resultados similares ás primeiras, con 13.029 votos.[31]
As xuventudes do partido organízanse nos Colectivos de Jóvenes Comunistas.[1] O órgano de expresión do partido é a revista Nuevo Rumbo.
O partido ten presenza en case toda España, adaptando o seu nome ás diferentes linguas dos territorios.[1][32]
Territorio | Organización territorial |
---|---|
Andalucía | PCTE Andalucía |
Aragón | PCTE Aragón |
Asturias | Partíu Comunista de los Trabayadores d'España |
Illas Canarias | PCTE Canarias |
Cantabria | PCTE Cantabria |
Castela e León | PCTE Castilla y León |
Cataluña | Partit Comunista dels Treballadors de Catalunya |
Comunidade de Madrid | PCTE Madrid |
Comunidade Valenciana | Partit Comunista dels Treballadors d'Espanya |
Galicia | Partido Comunista dos Traballadores da Galiza |
Illas Baleares | Partit Comunista dels Treballadors d'Espanya |
País Vasco | Euskadiko Langileen Alderdi Komunista |
A Rioxa | PCTE La Rioja |
Ano | Votos | % |
---|---|---|
abril de 2019 | 14,189 | 0.05 |
novembro de 2019 | 13.029 | 0.05 |
Ano | Votos | % |
---|---|---|
2019 | 19,081 | 0.09% |
Municipio | Autonomía | Votos | % | Asentos |
---|---|---|---|---|
Avilés | Asturias | 236 | 0,62% | 0 |
Córdoba | Andalucía | 380 | 0,26% | 0 |
Degaña | Asturias | 147 | 24,54% | 2 |
Gijon | Asturias | 289 | 0,21% | 0 |
Langreu | Asturias | 106 | 0,56% | 0 |
León | Castela e León | 119 | 0,18% | 0 |
Madrid | Comunidade de Madrid | 791 | 0,05% | 0 |
Málaga | Andalucía | 188 | 0,08% | 0 |
Mieres | Asturias | 74 | 0,38% | 0 |
Oviedo | Asturias | 163 | 0,15% | 0 |
Salamanca | Castela e León | 233 | 0,31% | 0 |
San Juan de Aznalfarache | Andalucía | 110 | 1,32% | 0 |
Valladolid | Castela e León | 229 | 0,14% | 0 |
Vigo | Galiza | 267 | 0,18% | 0 |
Zaragoza | Aragón | 1.036 | 0,31% | 0 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.