El espacio público de comunicación valenciano From Wikipedia, the free encyclopedia
À Punt Mèdia, é o nome comercial polo que se coñece á Sociedade Limitada de Medios de comunicación da Comunidade Valenciana S. A (acurtado como à Punt Mèdia SAMC), é o grupo de medios de comunicación públicos do País Valenciano, que dirixe a Corporació Valenciana de Mitjans de Comunicació que exerce a función de servizo público de radio e televisión públicas. Os seus obxectivos sociais inclúen a mercadotecnia, a publicidade dos seus produtos ou servizos e a formación e investigación no audiovisual. A xornalista Empar Marco é a súa directora dende o 2017.
Atención: As deste artigo están baixo sospeita. As circunstancias nas que foi feito fan pensar que se trata dun artigo que pretende facer eloxio gratuíto ou escarnio da persoa ou propaganda da institución á cal se refire. Tamén pode ser o caso que a lonxitude do artigo dea a impresión dunha importancia que en realidade non ten. Normalmente, isto realízase por parte de enderezos IP anónimos ou usuarios que se rexistran especificamente para a creación deste artigo. A Wikipedia non é un espazo para reflectir informacións personais nin favorecer intereses particulares. O artigo será borrado se non se mellora a súa calidade nun breve prazo de tempo. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe, pero, por favor, non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. (Desde setembro de 2018.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
à Punt Mèdia | |
---|---|
Inicio das emisións | 5 de abril de 2017 |
Propiedade de | Corporació Valenciana de Mitjans de Comunicació |
Slogan | O espazo público de comunicación das valencianas e os valencianos |
Lingua | Valenciano |
Na rede | |
http://www.apuntmedia.com/ |
Presentáronse máis de 800 ofertas de programación e no mes de agosto de 2016 coñeceuse o contido seleccionado para os medios de comunicación. A selección fíxose tendo en conta criterios de interese, orixinalidade e calidade; o uso do valenciano; que estivese feito por valencianos e no País Valenciano; e a súa viabilidade financeira.
O día 8 de marzo de 2017, a Generalitat Valenciana publicou unha nota de prensa informando do nome escollido polo Consell Rector do CVMC de entre 82 propostas que lles chegaran. Popularmente, espallouse que o nome sería à. e à.mèdia, pero a directora Empar Marco dixo que o estaban a estudar e que, talvez, podería cambiar ao longo do traballo dos publicistas. Aínda que o logotipo só presenta un à, escríbese como À Punt, À Punt FM ou À Punt Mèdia.
La Colla será o nome do club infantil para as canles de televisión e radio de À Punt Mèdia. Presentouse por primeira vez, na carta de valores para os contidos infantís e xuvenís, o día 16 de xullo na Corporació Valenciana de Mitjans de Comunicació.[1]
O 11 de decembro de 2017, comezaron as emisións de À Punto Radio con dez programas que implican 28 horas de contidos semanais que se completan con espazos adicados á música e repeticións de programas. O programa de variedades Al Ras retransmite cada mañá, de luns a venres e de 10.00 a 13.00 horas, presentado por Jèssica Crespo. Cada vernes, o programa sae de Burjassot para gravar en diferentes aldeas.[2] Outro programa 'principal', é o Territori Sonor, un programa de variedades musicais, presentado por Amalia Garrigos, cara e voz principal da antiga Radiotelevisió Valenciana.[3] Así mesmo, hai programas semanais dedicados ao medio ambiente, a comida, animais, concursos, literatura, e a educación, entre outros.[4]
O 18 de decembro de 2017 lanzouse o sitio web oficial de À Punt Mèdia, onde se poden ouvir todos os "podcasts" dos programas emitidos en À Punt Radio. Nel pódense consultar a programación, e noticias sobre à Punt Mèdia xunto cunha sección infantil: La Colla. [5] Nese mesmo día, acometeuse o lanzamento dunha campaña de publicidade en diferentes medios de comunicación e en medios dixitais para dar a coñecer o espazo público de comunicación pública do País Valenciano. Desde días antes, a marca de À Punt xa se puido ver nos paneis publicitarios do terroritorio valenciano. A partir dese mesmo día comezou a publicidade na web e na radio, só da Generalitat Valenciana.[6]
A televisión pública valenciana terá tres canles que emitirán en aberto pola TDT, a través das frecuencias polas que emitían anteriormente Canal Nou e Nova Canle de Dous, así como tamén en Internet. A primeira canle está orientada para o gran público; a segunda temática e informativa; e a terceira está dedicada ao público infantil. Este última transmitirase exclusivamente a través de Internet.
Chegouse a un acordo de reprocidade entre a Corporació Valenciana coas canles públicas de Cataluña (CCMA) , Illes balears (EPRTVIB), no que se especifica que se emitirán en cada comunidade autónoma os contidos de cada corporación.
A radio valenciana componse de dúas estacións: unha orientada ao gran público, con noticias, entretemento, ficción, faladoiros e deporte; e outra temática para a música e a cultura en valenciano. Emiten a través das frecuencias polas que retransmetían anteriormente Nou Ràdio, e Sí Ràdio.
Os contidos emítense tamén baixo demanda por medio das aplicacións web e móbiles oficiais e outras plataformas de terceiros como YouTube. Os contidos son principalmente aqueles destinados a nenos, xunto co material "transmedia" que complementa o contido de transmisión por radio.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.