Zantedeschia é un xénero da división das magnoliófitas (anxiospermas), clase das liliópsidas, orde das alismatales e familia das aráceas.

Máis información Zantedeschia, Clasificación científica ...
Zantedeschia

Froito, flor e folla de Zantedeschia aethiopica.[1]
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Alismatales
Familia: Araceae
Subfamilia: Aroideae
Tribo: Zantedeschieae
Xénero: Zantedeschia
Sprengel, 1826
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto
Pechar
Zantedeschia aethiopica
Zantedeschia elliottiana
Cultivar de Zantedeschia rehmanii 'Neon Amour'
Zantedeschia elliotiana × maculata 'Lemon Drop'

É o unico xénero da subfamilia das aroideas (Aroideae) e da tribo das zantedesquieas.[2]

Comprende oito especies de plantas herbáceas, perennes, orixinarias do sur de África, desde Malaui até Suráfrica. O xénero foi introducido en todos os continentes excepto na Antártida. Coñécense co nome de cala, pero non deben conrudirse coa cala, do xénero Calla, tamén da mesma familia, pero doutra subfamilia.

As flores e follas coloridas destas especies e os seus cultivares son moi apreciadas e adoitan cultivarse como plantas ornamentais.

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito en 1826 polo médico e botánico alemán Kurt Polycarp Joachim Sprengel,[3][2], nun trabalo publicado en Systema Vegetabilium, editio decima sexta 3: 756-765.[4]

Etimoloxía

O nome do xénero foi dado como homenaxe ao botánico italiano Giovanni Zantedeschi (1773–1846) polo botánico alemán Kurt Sprengel (1766–1833).

Sinónimos

Ademais de polo nome actualmente válido o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]

  • Arodes Heist. ex Kuntze
  • Colocasia Link
  • Houttinia Neck.
  • Otosma Raf.
  • Pseudohomalomena A.D. Hawkes
  • Richardia Kunth

Especies

No xénero recoñécense as 8 especies seguintes:[3]

  • Zantedeschia aethiopica (L.) Spreng.
  • Zantedeschia albomaculata (Hook.) Baill.
  • Zantedeschia elliottiana (W.Watson) Engl.
  • Zantedeschia jucunda Letty
  • Zantedeschia odorata P.L.Perry
  • Zantedeschia pentlandii (R.Whyte ex W.Watson) Wittm.
  • Zantedeschia rehmannii Engl.
  • Zantedeschia valida (Letty) Y.Singh

A especie tipo é Zantedeschia aethiopica (L.) Spreng. (O protónimo de Linneo era Calla aethiopica).[5]

Características

As especies de Zantedeschia teñen un rizoma herbáceo que alcanza de 1 a 2,5 m de altura, con follas de 15 a 45 cm de lonxitude. A inflorescencia pode ser segundo as especies, branca, amarela ou rosada.[6]

Distribución e hábitat

Todas as especies son endémicas do centro e do sur de África, desde Nixeria até Tanzania e Suráfrica.[7] Z. aethiopica crece de forma natural en zonas pantanosas e só é caducifolia cando a auga escasea. Crece continuamente cando se rega e se alimenta regularmente e pode sobrevivir a períodos de xeadas menores. Z. aethiopica é unha planta moi forte e robusta, que pode crecer en moitos solos e hábitats, multiplicándose polos rizomas; naturalízase e considérase unha mala herba en gran parte do mundo. Z. odorata é unha especie rara, que se asemella a Z. aethiopica, pero é de folla caduca e cun cheiro cartacterístico, endémica dalgunhas localidades de Suráfrica. Z. albomaculata é unha especie moi estendida e variábel, que crece desde o norte de Suráfrica até Kenya, variando de tons de branco a crema e de rosa a laranxa. Z. jucunda e Z. pentlandii son especies raras con grandes flores amarelas vistosas. Z. rehmannii é unha especie con flores rosadas e con follas en forma de espada. Z. elliotiana coñécese só de fontes hortícolas e probabelmente sexa de orixe híbrida.

Introdución

A primeira especie de Zantedeschia introcudida en Europa foi Z. aethiopica no século XVII,[8] e agora está amplamente naturalizada en Europa, América do Norte, América Central, América do Sur, Oceanía e Australasia.[2][9][10] En moitos lugares considérase unha especie invasora perigosa que despraza a vexetación autóctona.[11] No suroeste de Australia Occidental, Z. aethiopica foi introducida para a horticultura, pero converteuse nunha planta daniña estendida e conspicua nos cursos de auga, brezis e pastos húmidos até o punto de que foi declarada praga en Australia Occidental e os propietarios deben controlala.[12] Zantedeschia en Norteamérica cultívase principalmente como cultivares ornamentais nos xardíns domésticos.[13]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.